Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

NOTIFICACIÓN do expediente sancionador S-141/1996, por presunta infracción da Lei de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se menciona máis abaixo como denunciado, a proposta de resolución formulada pola instructora en expediente sancionador incoado por presunta infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo LC) e no Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da LC (en adiante RC), xa que, intentada a notificación por outros medios non foi posible practicala.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para poder examina-lo expediente nas dependencias do Servicio Provincial de Costas, da Delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña (edificio administrativo Monelos, avenida Salvador de Madariaga, s/n, da Coruña), e formular ante o dito servicio as alegacións e presenta-la documentación que considere pertinente, para o que se lle pon de manifesto o expediente co fin de que poida examinalo e obter, se é o caso, copia dos documentos que o integran.

Rematando o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expe

diente, elevaráselle ó órgano competente para a adopción da resolución que corresponda, neste caso o delegado provincial desta consellería, conforme o artigo 4.2º do Decreto 151/1995, do 18 de maio, da Xunta de Galicia.

-Expediente: S-141/1996.

Denunciado: Gonzalo Castiñeiras Pose.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, nº 296-9º. A Coruña.

Feitos imputados: construcción dunha caseta-alboio na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre sen a preceptiva autorización de costas.

Lugar: Suevos.

Concello: Arteixo.

Valoración das obras: 270.000 pesetas.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º. LC; 46.1º e 48.1º RC.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c) LC e 174 c) RC, que tipifican os feitos como infracción, e os artigos 91.2 e) e 175.2 e) das mesmas normas que a cualifican como grave.

Sanción: multa de 67.500 pesetas, correspondente ó 25% do valor das obras, artigos 97.1 b) e 183 b) en relación co 184 f) do RC.

Así mesmo, de conformidade cos artigos 95.1º LC e 179.1º RC, ordénaselle ó infractor que proceda

á restitución das cousas e a súa reposición ó estado anterior á comisión da infracción.

A Coruña, 12 de maio de 1997.

Rita Alfonso Pérez

Instructora do expediente

4042