Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (10/1997).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue exhorto penal 10/1997, por instancia da Audiencia Provincial da Coruña, contra Miguel Martínez Martínez nos cales se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 9 de xullo de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado polo tipo de taxación de 5.175.000 ptas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 9 de setembro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 9 de outubro, ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: Exhorto Penal 10/1997, conta 1584-79/00/097, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados áchanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse en calidade de cedelo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

Oitava. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima. Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaran aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Metade indivisa do predio pertencente ó edificio denominado U-16 A1, situado na urbanización Os Tilos, da parroquia de Cacheiras, do municipio de Teo, número catorce, piso terceiro, letra B, destinada a vivenda, accédese a esta vivenda pola primeira das portas situadas á esquerda segundo se chega ó relanzo desta planta, desde as escaleiras. Extensión útil: 90 metros cadrados. Linda tomando como referencia a fachada principal do edificio: fronte: vento leste, con espacio que voa sobre o resto do terreo do predio matriz U-16-A, sobre o cal ten dereito de luces e vistas e que o separa da casa letras U-16-A2, construída tamén sobre o predio matriz U-16-A; dereita, entrando en parte con parede interior do edificio que separa de espacio aberto, sen edificar e despois, o piso letra A, desta mesma planta e, en parte con corredor de servicio desta planta; esquerda entrando, con espacio que voa sobre o resto do terreo do predio matriz U-16-A, sobre o al ten dereito de luces e vistas e que o

separa da rúa, e costas en parte co corredor de servicio desta planta, por onde se accede a esta vivenda. Valorada en 5.175.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

3476