Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 4/1997, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de mantemento de equipos electromédicos para este hospital.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de servicio de mantemento de equipos electromédicos para o Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón.

Orzamento: 22.000.000 de ptas. (vintedous millóns de pesetas).

Prazo de execución: o contrato terá a duración do ano natural de 1997.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 4/1997.

Admisión de variantes: o órgano de contratación considerará as variantes ou alternativas que ofrezan os licitadores en canto á organización do servicio,

que se detalla no anexo I: prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: fíxase unha fianza provisional do 2% do orzamento: catrocentas corenta mil pesetas (440.000 ptas.).

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 7, categoría A.

Criterios de adxudicación:

Nº ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo e desagregación de custos30%

2Persoal achegado: número,

capacidade profesional

e organización30%

3Experiencia acreditada,

prestixio recoñecido,

currículum de empresa

e capacidade técnica20%

4Org. servicio: protocolos,

programas mantemento,

fichas control técnico, etc.20%

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo, nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Tfno.: (986) 86 23 63 e fax: (986) 84 79 41.

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día daquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de maio de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra

3814