Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de abril de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fan públicas, para efectos de notificación, as propostas de resolución do expediente sancionador LU-188/1996 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 188/1997-LU.

Denunciado: Robustiano, S.L.

Enderezo: Porto Pesqueiro de Marín. Almacén, 48-49, Marín (Pontevedra).

Nº de expediente: 016/1997-LU.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

Enderezo: r/ Zumalacárregui, 48, Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 022/1997-LU.

Denunciado: Armando Acebedo Martín.

Enderezo: r/ San Miguel, 50 baixo, Ribadeo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 10 de abril de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

3832