Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución recaída no expediente sancionador de sanidade alimentaria 93/1996.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan que, con esta data, se acorda publica-la resolución do expediente sancionador que se instrúe por infracción do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, (DOG do 11 de agosto), polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de 30 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13) e presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o preceptúa o título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Expediente: 93/96.

Denunciado: Francisco José Otero Pérez.

DNI: 33.332.895.

Último enderezo coñecido: Praza de Santa María-Vilalba (Lugo).

Ourense, 7 de maio de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

3830