Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión con data do 15 de maio de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura nas Carolinas, promovido por Coprarosa, S.L. e Pescavella, S.L. e redactado por AB Arquitectura, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde