Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolucións formuladas pola instructora nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0286 e tres máis

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolucións dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 8 de maio de 1997.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-96/0286Diego Cozar Pereiro

33.259.302

Diego Gelmírez, 20-1 I

Santiago de Compostela

Pescar sen licencia34.1ºMenos

grave

50.001 ptas. multa

Inhab. 1 ano

P-96/0298Manuel Pereira Casares

34.604.084

S. Martán, 26, Seixalbo

Ourense

Pescar con máis canas das permitidas33.4ºLeve10.000 ptas. multa

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-96/0303Xosé A. Segade Culleiro

33.233.188

Madalena, 2, Milladoiro

Ames

Pescar 11 troitas de tamano menor co regulamentario33.9ºLeve10.000 ptas. multa

12.375 Indem.

P-96/0348Alejandro Martínez Guimarey

29.855.181

Lagartóns, A Estrada

Pescar con máis canas das permitidas33.4ºLeve10.000 ptas. multa

3933