Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave SA/SC/97.1 e tres máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica relativa ós desvíos dos servicios afectados polas obras de estradas existentes de ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Clave: SA/SC/97.1.

Orzamento: vintedous millóns novecentas oitenta e tres mil seiscentas sesenta pesetas (22.983.660).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a. Grupo II, subgrupo 2, categoría a. Grupo II, subgrupo 7, categoría a.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da nova estrada da vía rápida do Barbanza, treito Padrón-A Vacariza.

Clave: N/AC/87.8.1.

Orzamento: sete millóns novecentas cincuenta e nove mil trescentas oitenta e seis pesetas (7.959.386).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada AC-230, treito Montesalgueiro-Curtis.

Clave: N/AC/96.5.

Orzamento: seis millóns oitocentas trinta e oito mil cincocentas dúas pesetas (6.838.502).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.

4. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada AC-231, treito A Castela-Sobrado.

Clave: N/AC/97.2.

Orzamento: nove millóns oitocentas noventa e unha mil novecentas corenta e seis pesetas (9.891.946).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que no coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3895