Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1997 pola que se anuncia o concurso público aberto, tramitación urxente, para a contratación da execución dun edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE) e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público aberto, pola tramitación de urxente, para a contratación da execución dun edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE) e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano s/n, 15704, Santiago de Compostela. Tfno: 54 41 34. Expte.: 6/97.

2. Obxecto do contrato: construcción de dous edificios, un para o Instituto Galego de Estatística e outro para o Instituto Galego de Promoción Económica.

O prazo de execución será o seguinte:

Lote 1: edificio do IGE será de 14 meses.

Lote 2: edificio do Igape será de 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e pola tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: douscentos vintecatro millóns setecentas cincuenta e cinco mil trescentas trinta e oito pesetas (224.755.338).

Lote 2: catrocentos tres millóns cincocentas oitenta e tres mil catrocentas sesenta e dúas pesetas (403.583.462).

5. Garantía provisional:

Lote 1: catro millóns catrocentas noventa e cinco mil cento sete pesetas (4.495.107).

Lote 2: oito millóns setenta e unha mil seiscentas sesenta e nove pesetas (8.071.669).

6. Información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tfno: 54 41 34. Fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación, grupo C, subgrupo II, categoría E.

No caso de presentar proposición conxunta ós dous lotes, a clasificación será: grupo C, subgrupo II, categoría F.

8. Presentación de ofertas: os interesados poderán presenta-las súas proposicións por lotes, individualmente ou pola totalidade deles. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego deberanse presentar en man no Rexistro Xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asistir os licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

4098