Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación do servicio de vixilancia e seguridade do edificio sede da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela, por concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta secretaría, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas

por Resolución do 19 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo (DOG nº 59 do 26 de marzo de 1997):

Servicio de vixilancia e seguridade do edificio sede da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

-Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

-Importe: dous millóns seiscentas vinteseis mil duascentas seis pesetas (2.626.206 ptas.) IVE incluído.

-Adxudicatario: Prosesa.

-Data da adxudicación: 21-4-1997.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

P.D. (O. 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

4043