Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Manuel Vilares Ferro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 19 de abril de 1996 (BOE do 22 de maio), para a provisión da praza número 96/020 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade, a favor de Manuel Vilares Ferro, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Visto o acordo da comisión de reclamacións, con data 17 de abril de 1997, polo que se ratifica a dita proposta.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Vilares Ferro, profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 7 de abril de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3694