Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de maio de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultar descoñecido o seu domicilio, a resolución do contrato de aluguer da vivenda sita no 1º esquerda, portal H, cuarteirón 22 do polígono de Esteiro-Telleiras en Ferrol, adxudicada a Manuela Luna Rivera.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados a resolución do contrato de aluguer outorgado o 22-9-1986, entre o IGVS e Manuela Luna Rivera como arrendataria, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa tipificada na cláusula 4ª do contrato.

Ó non esgotarse a vía administrativa concédese un prazo dun mes, desde o seguinte ó da publicación desta cédula, para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados con enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da dita Lei 30/1992, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de maio de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

4003