Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan. (RC-PO-97.5 e tres máis).

a) Obras.

1. Pavimentación de rúas e iluminación no concello de Vila de Cruces.

Clave: RC-PO-97.5.

Orzamento: quince millóns duascentas vinteseis mil cento trinta e catro (15.226.134) pesetas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c. Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: no se precisa.

2. Camiño de acceso á zona deportiva e pavimentación de camiño público en Castro-Dozón. Concello de Dozón.

Clave: RC-PO-97.16.

Orzamento: nove millóns cento corenta e oito mil catrocentas cincuenta e seis (9.148.456) pesetas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría a.

Garantía provisional: non se precisa.

3. Pavimentación na estrada PO-211 desde o entronque coa N-525 ó p.k. 1,320, en Silleda.

Clave: RC-PO-97.22.

Orzamento: trinta e cinco millóns duascentas trinta e nove mil oitocentas noventa e catro (35.239.894) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

4. Acceso ó instituto de Silleda. Concello de Silleda. Clave: RC-PO-97.25.

Orzamento: corenta e cinco millóns oitocentas noventa e nove mil seiscentas tres (45.899.603) pesetas.

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n. Teléfono (986) 80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no

artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposicións.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás dez horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 20 de maio de 1997.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

3870