Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.977

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de maio de 1997 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 21 de marzo de 1997.

Convocada por Orde do 21 de marzo de 1997 (DOG nº 65, do 7 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 21 de marzo de 1997 (DOG nº 65, do 7 de abril).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

NRP ou DNI: 76.808.269.

Apelidos e nome: Martín Álvarez, Juan José.

Grupo: A.

Corpo/Escala: secretario xudicial.

Código do posto: XUC030000315770004.

Denominación: servicio de xestión de persoal.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 34.957.674.

Apelidos e nome: Salgado Álvarez, Ricardo.

Grupo: C.

Corpo/Escala: oficial da Admón. de xustiza.

Código do posto: XUC030000315770010.

Denominación: sección de programación e habilitación.

Nivel: 25.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 15.384.825.

Apelidos e nome: Prol Prol, María Sol.

Grupo: D.

Corpo/Escala: auxiliar da Admón. de xustiza.

Código do posto: XUC030000015770001.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

97-3741