Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (código

2700082), da provincia de Lugo, asinado o día 7 de febreiro de 1997, pola representación da mencionada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de febreiro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. Anos 1996-1998

Capítulo I

Cláusulas xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio afecta á provincia de Lugo, na que desenvolve a súa actividade industrial Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio afecta ós traballadores e empregados da empresa, comprendidos nas escalas dos anexos 1 e 2, que teñan relacións de traballo reguladas no Estatuto dos traballadores ou nas disposicións deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio colectivo entrará en vigor con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996 calquera que sexa a data da súa publicación, salvo naquelas materias respecto das que se conviñese expresamente outra data; a súa vixencia é ata o 31 de decembro de 1998.

Non obstante, a súa vixencia para o ano 1998 quedará anulada para tódolos efectos se é denunciada por algunha das partes durante o derradeiro trimestre de 1997.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, rematado o período de vixencia, entenderase denunciado o convenio, e ámbalas partes acordan negociar un novo convenio a partir de 1999.

Capítulo II

Réxime económico

Artigo 4º.-Táboa salarial.

Acórdase que os valores da nova táboa salarial que rexerán a partir de xaneiro de 1996, e para ese ano,

son os que figuran nos anexos número 1 e 2 que se xuntan.

Para os anos 1997 e 1998, se é o caso, os valores da táboa salarial incrementaranse automaticamente no 2,5%.

Para estes efectos, tomaranse como referencia as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1996 e 1997, respectivamente, actualizadas, se é o caso, co incremento resultante da aplicación da cláusula prevista neste convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

O valor do trienio para 1996 será de 38.376 pesetas anuais, que se percibirán en 12 mensualidades de 3.198 pesetas cada unha.

Artigo 6º.-Premios de permanencia.

Consisten no aboamento dunha mensualidade de 1/14 do seu salario bruto mensual ó cumpri-los 25 anos de servicio e tres mensualidades de 1/14 ó cumpri-los 40 anos de servicio.

Non serán computables para estes efectos as situacións de excedencia, baixas por enfermidade en situación provisional, computándose unicamente a ausencia no traballo por motivos de servicio militar e excedencia forzosa.

No caso de que no momento da xubilación, ou na liquidación por falecemento, o empregado non alcanzase 40 anos en activo pero cumprise 30 anos de servicio, recibirá unha mensualidade de 1/14 do salario bruto anual; esta cantidade incrementarase en 0,0166667 mensualidades por cada mes de servicio que exceda de trinta anos, ata un tope máximo de tres mensualidades de 1/14 do salario bruto mensual.

Artigo 7º.-Complemento de axuda familiar.

O valor da ración ou unidade para 1996 será de 23.196 pesetas anuais que se percibirán en doce mensualidades iguais de 1.933 pesetas cada unha.

Para o pagamento deste complemento familiar terase en conta a situación familiar de cada empregado o 1 de xaneiro de cada ano e non terá variación nin por altas nin por baixas durante o ano a que se refire.

Artigo 8º.-Plus de quenda pechada.

O valor do plus de quenda pechada para 1996 será de 830 pesetas por día efectivamente traballado para o persoal en réxime de quenda de oito horas continuadas, dentro dun servicio que cubra as vintecatro horas do día. Non se devengará este plus en ausencia por permisos retribuídos ou calquera tipo de descanso, ou ausencia legal, feita excepción de vacacións, enfermidade, accidente, créditos de horas a que teñen dereito os membros do comité de empresa e delegados de prevención.

Artigo 9º.-Plus de quenda aberta.

O valor deste plus para 1996 será de 623 pesetas por día efectivamente traballado, para o persoal en réxime continuado dentro da súa xornada de traballo diaria completa e dentro da media do seu grupo correspondente, con horario diferente ó normal, con inde

pendencia de que a quenda sexa ou non rotativa. Non se devengará este plus en ausencia por permisos retribuídos ou calquera tipo de descanso ou ausencia legal, feita excepción de vacacións, enfermidade, accidente, créditos de horas a que teñen dereito os membros do comité de empresa e delegados de prevención.

Artigo 10º.-Primas.

Este concepto para 1996 verase incrementado nun 2,5% sobre os seus correspondentes valores o 31 de decembro de 1995.

Artigo 11º.-Plus nocturno.

Os valores da nova táboa de plus nocturno que rexerá a partir do 1 de xaneiro de 1996 e para ese ano son os que figuran no anexo número 3 que se xunta.

O plus nocturno será percibido por tódolos traballadores de cadro de persoal cando realicen a xornada ordinaria de traballo durante o período comprendido entre as 22 e 6 horas. Non se devengará este plus en ausencia por permisos retribuídos ou calquera tipo de descanso, ou ausencia legal feita excepción de vacacións, enfermidade, accidente, créditos de horas a que teñen dereito os membros do comité de empresa e delegados de prevención.

Artigo 12º.-Plus de conductores.

Cando un traballador que non perciba paga de conductores sexa requirido para conducir vehículos da empresa, percibirá un plus de 708 pesetas por cada día efectivo en que desempeñe esta actividade; non se percibirá en caso de enfermidade, accidente, vacacións, permiso legal, permisos por créditos de horas sindicais e calquera outro tipo de descanso ou ausencia legal ou convencional.

Cada vehículo só xerará un plus de conductor por cada xornada completa de traballo.

A empresa farase cargo de tódolos gastos de defensa legal e responsabilidade civil do empregado orixinados por accidente de tráfico, sempre que estes se produzan conducindo vehículos da empresa e non sexan como consecuencia de imprudencia temeraria do traballador.

Mantéñense as penalizacións previstas para caso de accidente con graves danos para o vehículo cando resulte culpable o empregado de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Artigo 13º.-Traballos extraordinarios.

Se, debido ó carácter de servicio público da empresa, xorde a necesidade de efectuar traballos extraordinarios por avarías graves ou por necesidades do servicio que poidan repercutir na producción ou distribución de enerxía, os traballadores terán dereito a un incentivo para 1996 de 1.972 pesetas por traballo realizado en día de descanso ou festivo que lle corresponda descansar polo seu calendario, calquera que sexa a data de aviso previo.

Este incentivo aplicarase a todo aquel traballador que, unha vez finalizada a súa xornada de traballo habitual ou antes das sete da mañá, cando inicie a súa xornada ás 8, sexa requirido para a realización

dos ditos traballos extraordinarios. Neste caso será condición indispensable para a súa percepción que o requirimento se realice cun aviso previo igual ou inferior a 48 horas.

Como regra xeral só se aboará a cada traballador un requirimento por traballos extraordinarios, con independencia do número de xornadas a que estes dean lugar.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

O valor das horas extraordinarias e os pagamentos correspondentes por traballo ou descanso en festivos para 1996 verase incrementado nun 2,5% sobre os seus correspondentes valores o 31 de decembro de 1995.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo aboarase co incremento porcentual do 75%. As horas extraordinarias nocturnas, que son as que se realizan entre as 22 e as 6 horas, co 100%.

Xúntanse novas táboas de valores de horas extraordinarias para 1996, como anexo número IV.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

1. Ós traballadores que, por necesidades do servicio, teñan que desprazarse da súa zona de traballo, a empresa reintegrarálle-los posibles gastos que se lles orixinen.

As condicións xerais para que se devenguen as correspondentes axudas de custo, sempre que exista previa autorización do xefe respectivo, son as seguintes:

a) Axuda de custo de almorzo:

-Cando o traballo ou a viaxe se inicie dúas ou máis horas antes do comezo da xornada laboral.

-Cando se regrese do traballo ou da viaxe despois das 8 da mañá.

b) Axuda de custo de xantar:

-Cando o traballador teña que permanecer durante o tempo de descanso intermedio da xornada normal partida no lugar de desprazamento.

-Cando finalice a xornada de mañá, ou regrese ó centro de traballo, con máis dunha hora de retraso sobre o seu horario normal.

c) Axuda de custo de cea:

-Cando nos desprazamentos do persoal a localidade ou instalación diferente se comece a viaxe entre as 20 e as 22 horas, ou se regrese despois das 22 horas.

-Cando se remate o traballo despois das 22 horas, ou despois das 23 horas se se trata de xornada de tarde en réxime de quenda pechada.

d) Axuda de custo completa:

-Cando o traballador teña que almorzar, xantar, cear e pasa-la noite en localidade distinta á do seu domicilio, por razóns de traballo.

e) Plus semirruta:

-Este plus devéngase cando, en situación de desprazamento a axuda de custo completa, o xantar se realiza en localidade distinta da de residencia.

f) Complemento de axuda de custo por día de desprazamento:

-Este complemento aboarase por día de desprazamento, sempre que este exceda de 10 días consecutivos e de 100 km de distancia do centro de traballo.

2. As axudas de custo por desprazamento para 1996 aboaranse de acordo cos valores das táboas que se xuntan como anexo número 5, a partir do asinamento do presente convenio.

O persoal desprazado a capital de provincia ou a grandes núcleos de poboación poderá optar entre percibi-las axudas de custo de viaxe ou acollerse ó réxime de gastos xustificados. Considéranse grandes núcleos de poboación os seguintes: Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e Vilalba.

En caso de percibir axudas de custo de viaxe, a contía delas será a existente na actualidade cos incrementos acordados para os anos de vixencia deste convenio.

Cando se acolla ó réxime de gastos xustificados poderá facer uso de hoteis de tres estrelas; autorízase, ó mesmo tempo, a utilización do mesmo hotel que o acompañante de maior categoría, e, se non realizase o almorzo, xantar ou cea no hotel en que estea aloxado, percibirá o importe da axuda de custo fraccionada.

Artigo 16º.-Gastos de locomoción.

Cando se viaxe ó servicio de Barras con vehículo de propiedade particular, o prezo que aboará a empresa por quilómetro percorrido será o seguinte:

Período desde o 1 de xaneiro de 1996 ó 30 de setembro de 1996:

a) Persoal pertencente a titulados superiores, 1ª categoría superior 2º, 2ª categoría niveis A e B, e 3ª categoría, das escalas técnico e administrativo, subgrupo I: 29 ptas./km.

b) Resto do persoal: 27 ptas./km.

Período desde o 1 de outubro de 1996 ó 31 de decembro de 1997:

Establécese un prezo único para tódalas categorías de 30 ptas./km.

Por cada praza ocupada, ademais do conductor, aboarase un suplemento de dúas pesetas por quilómetro percorrido, cun máximo de 4 acompañantes, con independencia do prezo da quilometraxe.

No mes de decembro de 1997 negociarase o prezo por quilometraxe que rexerá durante 1998.

Artigo 17º.-Quebranto de moeda.

Os traballadores que habitualmente realicen cobramentos ou pagamentos en metálico por conta da empresa percibirán, en concepto de quebranto de moeda, unha gratificación anual de 40.836 pesetas, distribuídas en doce pagamentos iguais de 3.403 pesetas cada un.

O percibo desta gratificación estará condicionado á continuidade na realización das funcións de cobramentos e pagamentos en metálico, polo que deixará de percibirse a partir do momento en que cese na prestación efectiva delas, feita excepción de vacacións e crédito de horas a que teñen dereito os membros do comité de empresa e delegados de prevención.

No caso de que a función de cobramento e pagamento en metálico non sexa habitual ou se interrompa por ausencias, mesmo xustificadas, que non sexan as establecidas no parágrafo anterior, esta gratificación percibirase proporcionalmente ó tempo en que se realizase a función.

Artigo 18º.-Complementos salariais para 1997 e 1998.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 e 1998, se é o caso, as contías dos complementos salariais establecidos nos artigos 5, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17 e 22 deste convenio incrementaranse automaticamente no 2,5%.

Para estes efectos, tomaranse como referencia os valores vixentes o 31 de decembro de 1996 e 1997, respectivamente, actualizados, se é o caso, co incremento resultante da aplicación da cláusula de revisión prevista neste convenio.

Artigo 19º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento superior ó 3,5% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31 de decembro de 1995, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso correspondente. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 1996, e servirá por conseguinte como base de cálculo para o incremento salarial de 1997, e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas finais de 1995 utilizados para realiza-los aumentos pactados para o ano 1996.

Procederá revisión salarial nos anos 1997 e 1998, no caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de cada un dos ditos anos un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra que resultara do dito IPC o 31 de decembro de 1996 e 1997, respectivamente.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga. A correspondente a 1996, durante o primeiro trimestre de 1997, e as correspondentes a 1997 e 1998, durante iguais períodos de 1998 e 1999, respectivamente.

Capítulo III

Tempo de traballo

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo durante a vixencia do presente convenio colectivo será a seguinte:

1. Persoal xurídico, administrativo (subgrupo I) e técnico con traballo exclusivo de oficinas.

Establécese para este persoal a seguinte xornada de traballo:

a) Xornada de inverno, 8 meses (outubro a maio, ámbolos dous inclusive), de acordo co horario seguinte:

MañáTarde

Luns a xoves:de 7.55 a 14de 15.25 a 17.30

Venres:de 8 a 15

Nadal (do 25 de decembro a 7 de xaneiro):

Luns a venres: de 8 a 15.

Semana Santa e Semana de Pascua:

Luns a venres: de 8 a 15.

b) Xornada de verán: catro meses (xuño a setembro, ambos inclusive): trinta horas semanais con xornada continuada de seis horas, de 8 a 14 horas de luns a venres e sábados libres.

2. Persoal con traballo en réxime de quenda.

Este persoal traballará durante todo o ano 40 horas semanais a razón de oito horas continuadas diarias, de acordo co calendario que rexe na empresa.

O persoal de réxime de quenda desfrutará durante 1996, 1997 e 1998 dun descanso de 12 días distribuídos ó longo dos doce meses do ano, co fin de totalizar, en cómputo anual, o horario do persoal da súa escala non suxeito a réxime de quendas.

O persoal que realiza o traballo en réxime de quenda pechada nos centros de telemando, subestación de Mondoñedo, central de Xerdiz e central de Tronceda, continuará co mesmo horario e réxime de quenda que realizou ata a entrada en vigor do presente convenio. Como consecuencia deste horario e réxime de quendas e en compensación por iso, e mentres subsista, os traballadores de quenda pechada dos centros sinalados da escala de persoal operario subgrupo 1º pertencentes á 2ª categoría nivel A, 15 anos, percibirán o salario correspondente ó nivel 8; os de 2ª categoría nivel A percibirán o salario correspondente ó nivel 7; os de 2ª categoría nivel B percibirán o salario correspondente ó nivel 5, e os de 3ª categoría percibirán o salario correspondente ó nivel 5.

No caso de que nos centros de telemando, subestación de Mondoñedo, central de Xerdiz e central de Tronceda o persoal deixase de traballar en réxime de quenda pechada como consecuencia da automatización das instalacións aplicarase o establecido no capítulo 8, automatización de instalacións da acta complementaria anexa ó convenio colectivo de Barras Eléctricas 1996-1998.

3. Resto do persoal.

Establécese para este persoal a seguinte xornada de traballo:

a) Xornada de inverno, oito meses (outubro a maio, ambos inclusive):

MañáTarde

Luns a xoves:de 7.55 a 14de 15.25 a 18.10

Venres:de 8 a 15

Nadal (do 25 de decembro a 7 de xaneiro):

Luns a venres: de 8 a 15.

Semana Santa e Semana de Pascua:

Luns a venres: de 8 a 15.

b) Xornada de verán: catro meses (xuño a setembro, ambos inclusive): trinta horas semanais con xornada continuada de seis horas, de 8 a 14 horas de luns a venres e sábados libres.

4. Para tódolos efectos legais, os sábados terán o carácter de días hábiles, non festivos, mesmo para o persoal que os descanse.

Artigo 21º.-Festas.

Establécese como festivos os seguintes días do ano:

O Luns de Pascua, ou o seguinte se o dito luns fose festa nacional, de Comunidade Autónoma ou local.

O primeiro luns de xuño, ou o día seguinte se este fose festivo, como festa do sector.

Tódalas festas nacionais ou de Comunidade Autónoma ou local que cadren en sábado de acordo co calendario anual de festas desfrutaranse o primeiro día hábil seguinte ó festivo.

Consideraranse festivos a partir das 12 horas os días 24 e 31 de decembro, ou as súas vésperas se as ditas datas non fosen días laborables.

Artigo 22º.-Gardas.

Aplicarase en tódolos centros da empresa, sen excepción ningunha, o actual servicio diario de garda de acordo co seguinte horario e condicións:

Inverno: luns a venres de 14 a 22.30 horas.

Verán: luns a venres de 17 a 22 horas.

Nadal, Semana Santa e Semana de Pascua: luns a venres de 15 a 22 horas.

Sábados, domingos e festivos (todo o ano): de 10 a 13 e de 16.30 a 22 horas.

Durante a semana que dura a garda percibirase un plus diario de 749 pesetas. O sábado e domingo compensarase con dous días de descanso, preferentemente o xoves e venres da semana seguinte, e o 0,75 das horas traballadas nos ditos días, de acordo co valor-base das horas extras. Cada día festivo traballado neste réxime compensarase co aboamento de 9 horas extraordinarias.

Durante a garda prestarase o traballo habitual, con atención prioritaria ás avarías.

Artigo 23º.-Vacacións.

1. Tódolos traballadores de cadro de persoal desfrutarán dun período de vacacións anuais, non substituíble por compensación económica, de 25 días laborables.

Poderanse desfrutar fraccionadamente as vacacións de acordo coa vixente norma:

-Oito días fraccionados nun ou máis días.

-O resto en períodos non inferiores a cinco días laborables, cun máximo de tres fraccionamentos.

As vacacións deben ser solicitadas polo interesado ó seu xefe respectivo; a súa concesión queda supeditada ás necesidades do servicio. En caso de non poderse desfrutar na data da concesión, fixarase unha nova data de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

Unha vez comezado o desfrute das vacacións, non se interromperán estas por enfermidade, maternidade ou accidente do traballador, nin cando concorran algún dos motivos que dan dereito á ausencia do traballo con dereito a remuneración por permiso legal. Soamente se suspenderán as vacacións en caso de intervención cirúrxica que precise hospitalización como consecuencia de enfermidade do traballador e en caso de hospitalización do traballador por tempo superior a tres días coincidentes co período do seu desfrute; iniciarase, en ámbolos supostos, a suspensión delas a partir do día da hospitalización.

A situación de incapacidade temporal nacerá ó día seguinte de remata-lo período de vacacións, sen prexuízo de que subsista a obrigación de presentar, no seu momento, os correspondentes partes médicos xustificativos de tal situación.

As vacacións deben quedar desfrutadas totalmente no mes de decembro de cada ano; realizarase o necesario axuste entre o persoal de cada servicio, co obxecto de que se desfruten graduadamente ó longo do ano. Con carácter excepcional e cando por necesidades do servicio non se puidesen desfrutar dentro do ano natural, poderá prorrogarse o prazo ata o 31 de xaneiro seguinte.

As vacacións sinaladas corresponden ó ano natural. Aqueles que non permanecesen en alta, ó servicio da empresa durante o dito período, desfrutarán a parte proporcional ó tempo traballado, calculada por doceavas partes; considérase como unidade a fracción mensual.

O persoal que substitúa a un traballador de quendas que tome vacacións fraccionadas en sábado ou domingo será compensado cun día de descanso e o aboamento do 0,75 sobre o valor base das horas extraordinarias correspondentes á súa categoría profesional.

Artigo 24º.-Licencias sen soldo.

Os traballadores poderán solicitar, sen dereito a retribución ningunha, unha licencia especial ó ano que non poderá exceder de dez días laborables, a concesión dos cales será potestativa da empresa.

Artigo 25º.-Permisos legais.

Os traballadores, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais nos casos de falecemento de cónxuxe, pais, fillos, pais e fillos políticos, irmáns e netos.

c) Tres días naturais, ampliables a cinco en caso de desprazamento, por enfermidade grave dos familiares enumerados no apartado b anterior.

d) Dous días naturais, ampliables a catro en caso de desprazamento, por falecemento ou enfermidade grave de avós, avós políticos, irmáns e netos políticos.

e) Tres días laborables por nacemento de fillo.

f) Un día por traslado do domicilio actual, ampliable a dous días cando o traslado estea motivado por cambio de centro de trabajo.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

h) En caso de enfermidade, polo tempo indispensable para acudir a consulta médica, logo de notificación ó xefe respectivo e xustificación posterior.

Terá lugar a ampliación do número de días en caso de desprazamento cando o traballador teña que pasa-la noite en localidade distinta á do seu domicilio habitual.

Os días que comprenden estes permisos teñen o carácter de máximos.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

1. Dado o servicio público, esencial para a comunidade, que presta a empresa, a estructura dela e o desexo común de reduci-las horas extraordinarias ó mínimo indispensable, acórdase:

-Horas extraordinarias habituais: supresión.

-Horas extraordinarias urxentes: realización.

-Horas extraordinarias estructurais: realización, sempre que non sexa posible a substitución por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Consideraranse horas extraordinarias urxentes as derivadas dos diferentes supostos de forza maior ou caso fortuíto, danos extraordinarios e urxentes, e avarías de reparación inaprazables; as motivadas como consecuencia de traballos que, mesmo programados, precisen a súa realización urxente, as que veñan esixidas para evita-lo risco de perda de materias primas, e, en xeral, todas aquelas que pola súa transcendencia sexan de inevitable e inaprazable realización.

Considéranse horas extraordinarias estructurais as necesarias por períodos punta de producción, períodos extraordinarios de construcción, mantemento ou posta en marcha de instalacións, paradas programadas, traballos inaprazables, ausencias imprevistas, substitución de quendas ou de servicios inaprazables por enfermidade, permisos, ausencias imprevisibles, cambio de quenda, cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, realización de funcións sindicais ou de representación de persoal, traballos en festivos obrigados por necesidades de servicio ou calquera outro traballo imprescindible derivado da natureza da actividade que desenvolve a empresa.

2. Cando un traballador sexa requirido para realizar horas extraordinarias en domingo ou día festivo percibirá, como mínimo, o importe de catro horas coa recarga do 75% se o número de horas non excede de catro e oito horas coa mesma recarga do 75% se excede de catro horas extraordinarias.

Ó traballador que, rematada a súa xornada normal de traballo, sexa requirido para traballar horas extraor

dinarias despois das dez da noite e antes das seis da mañá, aboaránselle como mínimo catro horas extraordinarias co 100% de recarga.

3. Ámbalas partes comprométense a reduci-la realización de horas extras.

Nos supostos de realización de horas extraordinarias, o traballador poderá optar entre o seu aboamento en metálico, de acordo co artigo 15º deste convenio, ou a súa compensación por descansos, sempre que iso non orixine novas horas extraordinarias, non deixe os equipos de traballo en menos do 50% da súa dotación normal e tome a dita compensación dentro dos trescentos sesenta días naturais seguintes ó remate da súa realización, de mutuo acordo coa empresa. Os descansos efectuaranse por días completos.

Para efectos de determina-lo cómputo dos referidos descansos, establécese a seguinte táboa de equivalencias:

-Horas do 75%: 105 minutos de descanso.

-Horas do 100%: 120 minutos de descanso.

Artigo 27º.-Control de horas extraordinarias.

O comité de empresa será informado, de acordo coa orde do 1 de marzo de 1983, enviando un exemplar do resumo de horas extraordinarias.

O comité de empresa delegará nun representante entre os seus membros, quen efectuará mensualmente o acordo coa representación empresarial nos termos que proceda, a comunicación preceptiva dirixida á correspondente autoridade laboral.

Este procedemento terá vixencia ata o asinamento do novo convenio colectivo, momento no cal quedará totalmente derrogado e, se é o caso, substituído polo que puidese pactarse no novo convenio colectivo.

Artigo 28º.-Subministración de enerxía eléctrica.

1. A empresa garantiralles a tódolos seus traballadores e pensionistas a tarifa eléctrica de empregado ó prezo de 0,15 pesetas o kWh, sempre que se demostre que na vivenda á que se subministra viva el ou a súa familia, sen que afecte este recoñecemento ás circunstancias de contratación laboral nin signifique variación ningunha delas. Este prezo unicamente o será para efectos do prezo de kWh cobrado pola empresa, con independencia da valoración que se dea para efectos do salario en especie e do IVE.

Se durante a vixencia deste convenio se chegase a un acordo a nivel de Grupo Viesgo ou Sector Eléctrico, sobre a tarifa de empregado, este considerarase incorporado ó convenio colectivo, en substitución da actual regulación, coas adaptacións que, se é o caso, fosen necesarias.

2. Os empregados de cadro e os pensionistas terán dereito a desfrutar tamén da citada tarifa de empregados na chamada segunda vivenda, baixo as seguintes condicións:

a) Que o empregado ou a súa esposa sexan propietario e titular rexistral da vivenda.

b) Que a utilice persoalmente o empregado e que o seu uso sexa alternativo ó da vivenda primeira ou principal, sendo por tanto o consumo de enerxía doméstica exclusivo do traballador e dos familiares ó seu cargo e ascendentes ou descendentes que convivan con el.

c) Este uso alternativo enténdese noutra poboación distinta da habitual.

d) O límite de consumo na citada tarifa será de 10.000 kWh ó ano. Superada a dita cifra, pagarase a tarifa ordinaria polos kWh que se consuman.

e) O incumprimento das condicións que se establecen e se complementen para o mellor desenvolvemento desta aplicación de tarifa, dará lugar á perda definitiva do seu desfrute.

f) A regulación, adxudicación e control do beneficio de tarifa especial para a segunda vivenda levaraa a cabo a comisión de anticipos, préstamos e estudios.

g) A concesión desta tarifa fóra da zona de subministración de Barras Eléctricas está supeditada ós pactos de reciprocidade con outras empresas eléctricas vixentes en cada momento.

Capítulo IV

Atencións sociais

Artigo 29º.-Clases pasivas.

A empresa continuará, e ata que non se realice a externalización destes compromisos de acordo co previsto na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados e nos termos que se acorde, aboando ó seu cargo, a tódolos traballadores de tódalas categorías, incluso as non consideradas nos anexos I e II, e familiares se é o caso, ingresados na empresa antes do 1 de xaneiro de 1994, os seguintes complementos de pensión:

-1º complemento de pensión por xubilación.

-2º complemento de pensión por invalidez

-3º complemento de pensión por viuvez.

-4º complemento de pensión por orfandade.

A pensión en favor de familiares que concede a Seguridade Social ás fillas maiores de 45 anos, por estar atendendo o pensionista habente causa, queda asimilada para os efectos de complemento de pensión, á viuvez e orfandade.

O complemento de empresa consistirá na diferencia que resulte entre a pensión que polo mesmo concepto conceda o correspondente organismo da Seguridade Social, baseándose e de acordo coa súa normativa vixente na data do asinamento do pacto do 14 de abril de 1986 aprobado por resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 12 de maio de 1986, e a que se obteña de aplicarlle ó salario computable do empregado que cause o dereito á pensión, a porcentaxe que corresponda segundo a normativa actualmente vixente na empresa, de acordo coa clase de pensión causada.

Aboaranse nas mesmas condicións cás da Seguridade Social, e sempre que se perciban desta, non xerando, por tanto, dereito ó complemento de pensión de empresa, se non se ten dereito á correspondente da Seguridade Social.

Artigo 30º.-Complemento de pensión de xubilación.

Son beneficiarios os traballadores que se xubilen ós 64 ou 65 anos. Cando o traballador non acepte a xubilarse ó cumpri-los 65 anos ou semestre seguinte, quedará sen efecto o compromiso de pagamento de complemento ningún de pensión por parte da empresa, cando no seu día solicite e obteña a xubilación a cargo da Seguridade Social.

O que pretenda xubilarse ó cumpri-los 64 anos deberá facelo como máximo dentro do mes seguinte de cumprilos.

O persoal operario que preste servicio en liñas pode xubilarse ós 60 anos.

Ó persoal ingresado na empresa con posterioridade ó 31-12-1971 aplicaráselle este complemento de pensión, reducíndose a porcentaxe do complemento de pensión a cargo da empresa, nun 1% por cada ano completo ou fracción de ano que lle falte para completa-los 20 anos de servicio efectivo no cadro de persoal de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

O complemento de pensión por xubilación consiste en aboarlle ó xubilado a diferencia que existe entre a pensión que lle corresponda pola Seguridade Social e o 100 % do salario computable que estivese percibindo no intre da xubilación, coa reducción, se é o caso, do parágrafo anterior.

Para determina-lo salario computable para os efectos de establece-lo complemento de pensión, teranse en conta os seguintes conceptos salariais, sempre que os viñese devengando o beneficiario polo seu posto de traballo.

-Salario anual bruto.

-Pagas extraordinarias.

-Antigüidade.

-Plus nocturno.

-Plus de quenda aberta e pechada.

-Compensación de quenda.

-Prima de cobradores.

-Prima de lectores.

-Prima de inspectores.

-Axuda de custo de representación.

-Prima de conductores.

-Complemento de dedicación especial.

Quedan, por tanto, excluídos para o cálculo do complemento salarial calquera tipo de plus, primas, horas extraordinarias, distintos dos expresamente enumerados.

Artigo 31º.-Complemento de pensión por invalidez.

Ó traballador que por causa de enfermidade ou accidente lle sexa recoñecida polo organismo competente da Seguridade Social unha incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, a empresa comprométese a aboarlle sobre a pensión de invalidez da Seguridade Social, incluído o incremento establecido para os maiores de 55 anos, a diferencia ata completa-lo 100% do salario computable no momento de serlle declarada a invalidez.

Para o cálculo do salario computable para os efectos de establece-lo complemento de pensión, teranse en conta os mesmos conceptos salariais e as mesmas exclusións que para o cálculo do complemento da pensión de xubilación.

Artigo 32º.-Complemento de pensión de viuvez e orfandade.

A empresa continúa aboando o complemento de pensión de viuvez e orfandade, consistente na diferencia que resulte entre a pensión que por estes conceptos conceda a Seguridade Social e a que se obteña de aplica-lo salario computable do empregado falecido ou da pensión de xubilación, se é o caso, o mesmo tanto por cento establecido pola Seguridade Social, segundo que o falecemento sexa causado por enfermidade ou accidente, para determina-la pensión correspondente ós beneficiarios.

O complemento de pensión de viuvez será, en todo caso, único por traballador falecido, con independencia do número de beneficiarios e na proporción que, se é o caso, corresponda a cada un.

Para o cálculo deste complemento utilizaranse os mesmos conceptos salariais e exclusións que para a xubilación e a invalidez.

Se o causante da pensión de viuvez ou de orfandade falece en situación pasiva, a porcentaxe aplicarase sobre o salario computable que serviu para determina-la pensión de xubilación ou invalidez, engadindo ó dito salario tódolos incrementos de pensión por revisión do complemento de empresa que tivesen desde o inicio da pensión ata a data do falecemento do causante.

Neste caso, para establece-la diferencia de pensión de viuvez e/ou orfandade con cargo á empresa, tomarase en conta a pensión básica de xubilación ou invalidez da Seguridade Social sen inclusión das melloras posteriores.

Cando como consecuencia do falecemento dun traballador, se devengasen complementos de pensión e de orfandade, en ningún caso a suma de ámbolos complementos poderá supera-lo 100% do salario computable do empregado falecido no momento do feito causante.

Se no momento do falecemento do traballador unicamente se xerase pensión de orfandade, por non existir viúva, o importe do complemento da pensión de viuvez incrementaríase ó de orfandade.

Artigo 33º.-Garantía mínima.

A toda pensión de Barras Eléctricas garánteselle unha contía mínima, que se pagará en 12 mensualidades e 2 pagas extraordinarias; a dita cantidade comprende a pensión da Seguridade Social e o complemento aboado pola empresa.

Cando a Seguridade Social non aplicase os importes dos mínimos establecidos para as pensións de xubilación, invalidez ou viuvez, orfandade e pensión en favor de familiares, por asistirlle ó beneficiario o dereito ó desfrute de máis dunha pensión, traballar este, ou calquera outro criterio que estableza a Seguridade Social para as melloras de pensións, terase en conta:

1. Se a pensión de vellez ou invalidez non chegase ó importe dos mínimos establecidos pola Seguridade Social, para efectos de determina-lo complemento, tomarase como base o importe da pensión mínima da Seguridade Social, segundo a idade do beneficiario e o estado civil, ou o grao de cualificación da invalidez.

2. Se o importe da pensión de viuvez fose inferior ós mínimos establecidos, segundo as condicións esixidas á beneficiaria, tomarase como base o importe da pensión mínima da Seguridade Social que lle correspondese pola súa idade ou criterios que a regulan.

3. Igualmente se procederá co resto das pensións nos que teña que aboarse complemento de pensión con cargo á empresa.

4. No caso de que se dese unha simultaneidade nunha mesma persoa respecto das situacións de xubilación, viuvez e/ou orfandade, o interesado percibirá unicamente o complemento de pensión pago pola empresa, ata alcanza-lo mínimo, pola máis favorable das ditas situacións.

As posibles melloras ou revalorizacións das pensións da Seguridade Social non serán abosorbibles e quedarán en beneficio do pensionista.

Artigo 34º.-Revisión dos complementos de pensión.

Calquera modificación total ou parcial da normativa actualmente vixente en materia de pensións da Seguridade Social non afectará ós complementos de pensións establecidos de acordo co disposto neste capítulo.

Se se producise modificación, a empresa unicamente estará obrigada a complementa-las pensións outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou organismo que o substitúa, de acordo co pactado, é dicir, de acordo coas normas, fórmulas e porcentaxes establecidas ata a data, incluída a Lei do 31 de xullo de 1985, e o Real decreto 1799/1985, do 2 de outubro.

En ningún caso, a modificación da normativa actual en materia de pensións da Seguridade Social poderá significar un incremento da achega da empresa, que seguirá calculándose segundo as normas actuais e o réxime vixente na data do asinamento do pacto do 14 de abril de 1986 aprobado por resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 12 de maio de 1986.

A revisión dos complementos de pensión efectuarase anualmente de forma automática, a ser posible no mes de xaneiro, da maneira seguinte:

1. As pensións mínimas incrementaranse anualmente nunha porcentaxe igual ó do IPC previsto.

2. Tódolos demais complementos incrementaranse no 50% do IPC previsto.

Os complementos de pensión que se xeren terán un ano de carencia sen revalorización.

O segundo ano terán unha revalorización do 25% do IPC previsto.

Artigo 35º.-Traballadores de novo ingreso.

Para os traballadores que ingresen na empresa a partir do día 1 de xaneiro de 1994, ámbalas partes acordan que se constituirá un plan de pensións de emprego contributivo e de aportación definida, de acordo coa Lei 8/1987, do 8 de xuño, de regulación dos plans de fondos de pensións e demais disposicións legais.

A contribución dos traballadores de novo ingreso e da empresa será do 50 % e o suficiente para procurar que sexa similar e homologable co nivel de cobertura que teña en cada momento o persoal ingresado con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1994.

Artigo 36º.-Sistema complementario de pensións.

A representación dos traballadores e a empresa acordan construír, no prazo dun mes, unha comisión negociadora, para os efectos de dar aplicación á disposición adicional da Lei de plans e fondos de pensións de 1987, na redacción dada pola Lei 30/1995, de ordenación e supervisión dos seguros privados. Así mesmo, ámbalas partes acordan que tódolos traballadores fixos o 31 de decembro de 1993 adquiren, desde a entrada en vigor do presente convenio, os dereitos económicos sobre as prestacións do sistema de previsión social que se promova na empresa e cunha determinación e contía que se establecerá conforme as normas reguladoras do dito sistema.

Os ditos dereitos económicos adquírense con independencia de cal sexa o instrumento de financiamento do sistema de previsión e a causa que ocasione a baixa na empresa do traballador, coa excepción de despedimento declarado procedente.

Artigo 37º.-Reingreso de incapacitados.

Ós traballadores que cesasen na empresa como consecuencia de incapacidade para o traballo recoñecida polos organismos oficiais competentes, recoñéceselle-lo dereito ó reingreso, nos casos en que por revisión da comisión de avaliación de incapacidades sexa declarada a recuperación da capacidade para o seu traballo.

Artigo 38º.-Complemento por incapacidade temporal.

A empresa complementará o subsidio de I.T. ata acada-lo 100% das percepcións salariais dos traballadores de cadro nos casos de enfermidade común e accidente non laboral.

Así mesmo, complementará o subsidio de I.T., actualmente do 75%, ata acada-lo 100% das percepcións salariais dos traballadores de cadro en caso de accidente laboral.

A empresa seguirá aboando o 100% das percepcións salariais dos traballadores de cadro durante os tres primeiros días dos procesos de enfermidade común e accidente non laboral.

Artigo 39º.-Préstamos e anticipos.

Os préstamos para adquisición e reparación de vivenda e anticipo de atencións familiares unifícanse nun só modelo de anticipo, unificándose tódolos fondos existentes na actualidade para a súa dotación.

A regulación, concesión e control destes anticipos, así como o préstamo de adquisición de vivenda con cargo á reserva social, levarase a través da comisión de anticipos, préstamos e estudios, que estará composta por dous representantes dos traballadores elixidos polo comité de empresa e dous representantes da empresa que designará ó presidente que terá voto de calidade.

Esta comisión proporalle á comisión mixta de interpretación do convenio as condicións necesarias para a concesión dos préstamos e anticipos existentes, así como a súa contía.

Artigo 40º.-Axuda de estudios e fondo social.

O fondo de estudios, que ten por finalidade contribuír á mellor formación dos empregados e dos seus fillos, será xestionado pola comisión de anticipos, préstamos e estudios, baseándose no disposto no regulamento de Electra de Viesgo aprobado con data do 4 de xullo de 1994.

O fondo social, creado para promover entre os empregados da empresa actividades culturais, sociais e deportivas, será xestionado pola comisión paritaria de fondo social.

Capítulo V

Formación e promoción

Artigo 41º.-Formación.

O persoal ten o dereito e a obriga de adquiri-la formación necesaria que garanta a mellor realización dos diferentes traballos e tarefas, e permitan a súa completa formación na orde profesional e humana.

Por iso, e á parte da providencia que persoalmente tome cada un neste sentido, a formación na empresa realizarase a través dos sistemas seguintes:

1. Cursos de capacitación ou adaptación.

Cando a modernización dos servicios ou instalacións, ou a súa automatización determine a necesidade de capacitar ou complementa-la formación profesional do traballador, a empresa proporcionará os medios precisos para que o traballador adquira os coñecementos necesarios para o bo desempeño do traballo, organizando cursos de capacitación ou adaptación.

Estes cursos estarán dirixidos ó persoal que, dentro das necesidades do servicio, poida cambiar de posto de traballo ou deba adaptarse ás novas condicións del.

Se ó remata-lo curso o traballador demostra a formación necesaria, será incorporado ó novo posto de traballo na categoría que corresponda ó dito posto, no que deberá demostra-la eficiencia necesaria durante o correspondente período de proba.

2. Cursos de formación.

Para o acceso a un posto de traballo vacante, a empresa impartirá cursos de formación, dentro do trimestre anterior á data da celebración dos concursos oposición.

A organización destes cursos será realizada pola empresa logo de informe do comité de empresa, co fin de que poidan impartirse para os exames do ano próximo.

3. Programa de formación.

A comisión de F.P. e N.T. elaborará programas de formación anuais que serán sometidos para a súa aprobación á dirección da empresa.

A dirección de organización e recursos humanos comprométese a informar periodicamente ós representantes sindicais sobre os cursos que se vaian impartir na empresa, presentando os seguintes datos:

-Contido dos cursos.

-Medios que se utilizarán.

-Selección de persoal.

Así como do seguimento posterior que se realice sobre os resultados e cumprimento de obxectivos dos mencionados cursos.

4. Adhesión ó FORCEM.

Barras Eléctricas adhírese ó acordo sectorial estatal de formación continua no sector eléctrico, do 18 de xaneiro de 1994, subscrito para desenvolve-lo acordo de formación continua, asinado o 16 de decembro de 1992, por CEOE e CEPEME, por unha banda e UGT, CC.OO. e CIG por outro.

Artigo 42º.-Promoción.

Enténdese por promoción o ascenso de categoría ou cambio de grupo profesional que signifique unha mellora profesional e económica.

Artigo 43º.-Sistemas de promoción.

A promoción na empresa realizarase a través dos sistemas seguintes:

a) Antigüidade na categoría.

b) Existencia de vacantes.

c) Creación de novos postos de traballo ou cobertura dos que non producen vacante.

Artigo 44º.-Antigüidade na categoría.

Establécense os seguintes ascensos automáticos e asimilacións por antigüidade:

1. Ascensos automáticos.

a) Persoal técnico.

De 5ª a 4ª categoría, nivel 9, ós doce anos.

De 2ª B a 2ª A, nivel 17, ós sete anos.

b) Persoal administrativo, subgrupo I.

De 5ª a 4ª B, nivel 6, ós sete anos.

De 4ª B a 4ª A, nivel 9, ós sete anos.

De 2ª B a 2ª A, nivel 17, ós sete anos.

Ó persoal administrativo pertencente a este subgrupo I, que ingresase na empresa con anterioridade ó día 1 de xaneiro de 1991, recoñécenselle os seguintes dereitos:

Ascenso automático de 5ª a 4ª B, nivel 8, ós sete anos.

Ascenso automático de 4ª B a 4ª A, nivel 11, ós sete anos.

c) Persoal administrativo, subgrupo II.

De 3ª a 2ª, nivel 3, ós sete anos.

d) Persoal operario, subgrupo I.

De 3ª a 2ª B, nivel 4, ós sete anos.

De 2ª B a 2ª A, nivel 5, ós sete anos.

2. Asimilacións por antigüidade.

a) Os traballadores que cumpran 15 anos na mesma categoría profesional percibirán a contía económica mínima correspondente á categoría inmediata superior.

b) Os peóns especialistas asimilaranse, ós seis anos de permanencia na categoría, á 3ª categoría do subgrupo I de persoal operario. Ós oito anos de permanencia nesta última categoría, ascenderán a 2ª B, nivel 4, logo de proba de aptitude.

c) Ó persoal técnico e administrativo que máis adiante se especifica, que ingresase na empresa con anterioridade ó día 1 de xaneiro de 1991, recoñécenselle os seguintes dereitos:

-O persoal técnico pertencente á 3ª categoría quedará asimilado economicamente ó nivel 16 cando cumpra 15 anos na dita categoría profesional.

-O persoal administrativo, subgrupo I, pertencente á 3ª categoría, quedará asimilado economicamente ó nivel 16 cando cumpra 15 anos na dita categoría profesional.

-O persoal técnico pertencente á 4ª categoría quedará asimilado economicamente ó nivel 13 cando cumpra 15 anos na dita categoría profesional.

-O persoal administrativo, subgrupo I, pertencente á 4ª categoría, A, quedará asimilado economicamente ó nivel 13 cando cumpra 15 anos na dita categoría profesional.

Artigo 45º.-Cobertura de vacantes.

Enténdese por vacantes calquera baixa que se produza nas diferentes categorías profesionais da escala do persoal de cadro da empresa, que teña que ser cuberta obrigatoriamente co obxecto de cumpri-las porcentaxes e normas que se especifican nos artigos 37, 38 e 39 da ordenanza de traballo para as industrias de enerxía eléctrica, do 30 de xullo de 1970, e que se relacionan a seguir.

Unha vez constatada a existencia de vacantes, estas cubriranse da seguinte forma:

Grupo I: persoal técnico.

A) 2ª categoría nivel A: por libre elección da empresa entre os traballadores pertencentes á 2ª categoría técnica, nivel B.

B) 2ª categoría nivel B:

a) 50% por concurso oposición no que poderá tomar parte o persoal pertencente á 3ª categoría técnica que teña unha antigüidade de dous anos na categoría e de dez anos na empresa.

b) 50% por libre elección da empresa entre o persoal pertencente á 3ª e 4ª categoría técnica que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría e de dez anos na empresa.

As prazas que fosen declaradas desertas, con persoal de novo ingreso que estea en posesión do título medio correspondente e supere as probas de aptitude que lle sexan esixidas con este nivel pola empresa.

Queda reservado a favor dos titulados de grao medio o 5% das prazas existentes nesta categoría.

C) 3ª categoría:

a) 50% por concurso-oposición no que poderá tomar parte o persoal pertencente á 4ª categoría técnica.

b) 50% por libre elección da empresa entre a totalidade do persoal da empresa, calquera que sexa a escala a que pertenza, sempre que leve ó servicio dela un mínimo de dous anos.

d) 4ª categoría:

a) 50% por concurso oposición no que poderá tomar parte a totalidade do persoal pertencente á empresa calquera que sexa a escala á que pertenza, sempre que leve ó servicio dela un mínimo de dous anos.

b) 50% por libre elección da empresa entre a totalidade do seu persoal, calquera que sexa a escala a que pertenza, sempre que leve ó servicio dela un mínimo de dous anos.

Grupo II: persoal administrativo.

1. Persoal administrativo. Subgrupo I:

A) 2ª categoría nivel A: por libre elección da empresa entre os traballadores da 2ª categoría nivel B.

B) 2ª categoría nivel B:

a) 50% por concurso oposición no que poderá tomar parte o persoal pertencente á 3ª categoría administrativa deste subgrupo I, sempre que teña unha antigüidade de dous anos na categoría e de dez anos na empresa.

b) 50% por libre elección da empresa entre o persoal pertencente á 3ª e 4ª categoría administrativa, niveis A e B subgrupo I, que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría e de dez anos na empresa.

As prazas que quedasen desertas, con persoal de novo ingreso que estea en posesión do título medio correspondente e supere as probas de aptitude que lle sexan esixidas con este nivel pola empresa.

C) 3ª categoría:

a) 50% por concurso oposición no que poderá tomar parte o persoal pertencente á 4ª categoría administrativa, niveis A e B, que teña unha antigüidade mínima na empresa de seis anos.

b) 50% por libre elección da empresa entre o persoal pertencente á 4ª e 5ª categoría administrativa.

D) 4ª categoría nivel A:

Cubriranse alternativamente por:

a) Concurso oposición entre o persoal da 4ª categoría nivel B.

b) Libre elección da empresa entre a totalidade do persoal que teña unha antigüidade mínima de dous anos.

E) 4ª categoría nivel B:

a) 50% por concurso oposición entre o persoal da 5ª categoría e o pertencente ó subgrupo II da escala de persoal administrativo (auxiliares de oficina).

b) 50% por libre designación da empresa entre todo o persoal, calquera que sexa a escala á que pertenza.

En canto se refire á 2ª e 3ª categorías deste subgrupo I, queda en liberdade a empresa para amortiza-las prazas que queden vacantes.

2. Persoal administrativo, subgrupo II, auxiliares de oficina.

A) Categoría especial:

Libre elección da empresa entre o persoal deste subgrupo II que teña unha antigüidade mínima de catro anos.

B) 1ª categoría:

Libre elección da empresa entre o persoal da empresa que teña unha antigüidade mínima de dous anos.

C) 2ª e 3ª categoría:

Libre elección da empresa.

Artigo 46º.-Ingreso de persoal.

Dentro das condicións establecidas no artigo 46º do presente convenio colectivo, a comisión de formación, promoción e novas tecnoloxías elaborará un regulamento regulador das probas de acceso para os novos traballadores que ingresen na empresa.

Artigo 47º.-Creación de novos postos de traballo ou cobertura dos que non producen vacante.

Os postos de traballo de nova creación ou aqueles que, mesmo non producindo vacante de acordo coa

ordenanza de traballo e estas normas, vaian ser cubertos pola empresa, proveranse da seguinte forma:

Grupo I: persoal técnico e administrativo do subgrupo I.

A) 1ª categoría:

Por libre elección da empresa.

B) 2ª, 3ª e 4ª categoría:

De acordo coas normas sinaladas no artigo anterior sobre cobertura de vacantes. Cando estas prazas non puidesen ser cubertas por persoal da empresa, proveranse con persoal de novo ingreso.

C) 5ª categoría:

Mediante concurso oposición no que poderá tomar parte o persoal pertencente á 1ª, 2ª e 3ª categoría do subgrupo II, do persoal administrativo, 2ª categoría nivel B e 3ª categoría do subgrupo I do persoal operario e 2ª categoría do subgrupo II do persoal operario, sempre que leven ó servicio da empresa un mínimo de dous anos.

Neste concurso oposición poderá tamén tomar parte o persoal pertencente á 2ª categoría nivel A do subgrupo I de persoal operario, logo de renuncia na solicitude a cantas condicións económicas e profesionais correspondan á súa categoría e posto de traballo, renuncia que terá efectividade en caso de obte-la praza.

Cando estas prazas non puidesen ser cubertas con persoal da empresa, proveranse mediante concurso oposición con persoal de novo ingreso.

Grupo II: persoal administrativo do subgrupo II.

A) categoría especial e 1ª categoría:

De acordo coas normas do artigo 48º sobre cobertura de vacantes. Cando estas prazas non puidesen ser cubertas con traballadores da empresa, proveranse por libre elección desta, con persoal de novo ingreso.

B) 2ª e 3ª categoría:

Con persoal de novo ingreso.

Grupo III: persoal operario.

A) 1ª e 2ª categoría do subgrupo I:

De acordo coas normas do artigo 48º sobre cobertura de vacantes. Cando estas prazas non puidesen ser cubertas con traballadores da empresa, proveranse con persoal de novo ingreso.

B) 3ª categoría do subgrupo I:

Concurso oposición no que poderá tomar parte o persoal operario do subgrupo II, cunha antigüidade de tres anos.

As prazas desertas con persoal de novo ingreso, logo de exame teórico elemental e probas de aptitude convenientes.

C) 2ª categoría do subgrupo II:

Con persoal de novo ingreso.

Artigo 48º.-Concurso oposición.

1. Probas:

Como norma xeral, o concurso oposición constará das seguintes probas:

-Valoración do expediente profesional.

-Exame psicotécnico (opcional).

-Exame teórico.

-Exame práctico.

-Concurso de méritos.

-Recoñecemento médico (opcional).

2. Convocatoria:

Unha vez autorizada a provisión das prazas publicarase a convocatoria na que se fará constar:

-Número de prazas que se van cubrir.

-Categoría profesional.

-Condicións esixidas para concursar.

-Cursos de formación e datas de celebración deles.

-Probas que se van realizar.

-Programas teóricos e prácticos.

-Lugar, data e hora de realización das probas.

-Prazo de admisión de solicitudes.

A admisión de instancias de solicitude de exame terá un prazo de 10 días naturais, computados desde a publicación do anuncio en cada centro de traballo.

O feito de participar no concurso oposición implica a aceptación de tódalas bases polas que se rexerá o concurso.

Persoal excluído: como norma xeral e sen prexuízo das condicións específicas que deberán reunir, en cada caso, os concursantes, nos concursos oposición non poderá participa-lo persoal que teña en suspenso o seu contrato de traballo por calquera das causas sinaladas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores, agás cando pola índole e temporalidade da suspensión se considere a participación, nin aquel que estea incumprindo o período de proba.

3. Tribunal cualificador:

Constará en acta a súa constitución e actuacións, de acordo co regulamento de funcionamento interno que elaborará a comisión de formación, promoción e novas tecnoloxías.

O tribunal determinará a orde das probas e as puntuacións que cualificarán os distintos exercicios, os cales se axustarán ás materias sinaladas na convocatoria. O seu presidente será elixido pola empresa e terá voto de calidade.

Para obter praza por concurso oposición será preciso consegui-la puntuación mínima que, en cada caso, estableza o tribunal cualificador, e supera-las probas de carácter eliminatorio establecidas por este.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de puntuación.

Se dentro dos doce meses seguintes á data de exame houbese necesidade de cubrir algunha outra praza da mesma categoría cás convocadas, a empresa poderá provela cos opositores de máis alta puntuación que, declarados aptos no concurso, quedasen sen praza.

Artigo 49º.-Traslado por solicitude do interesado.

Se como consecuencia da promoción o traballador tivese que trasladarse de domicilio, o traslado terá para tódolos efectos a consideración de «traslado por solicitude do interesado», sen que o trasladado teña dereito a indemnización ningunha polos gastos que o cambio de domicilio lle orixine, gratificación, dereito a vivenda ou calquera outra compensación.

Artigo 50º.-Novas tecnoloxías.

A empresa facilitaralles ás centrais sindicais e ós comités de empresa toda a información sobre a nova tecnoloxía que se vai introducir, con especial atención sobre os seus efectos no emprego, organización do traballo, saúde laboral e garantía de reciclaxe, formación profesional e promoción do cadro de persoal.

Toda modificación das condicións de traballo motivada pola implantación de novas tecnoloxías na empresa levará consigo o mantemento do emprego e terá efectos de mellora da formación e promoción do traballador.

Artigo 51º.-Comisión paritaria de formación, promoción e novas tecnoloxías.

A comisión paritaria de formación, promoción e novas tecnoloxías estará formada por dous representantes designados polo comité de empresa e outros dous da empresa, e o seu presidente será elixido por esta. A dita comisión levará a cabo e resolverá cantas cuestións se susciten en materia de formación, promoción e novas tecnoloxías, elevando á dirección da empresa cantos acordos se leven a cabo nesta materia; é necesaria a maioría absoluta.

A dita comisión reunirase cada 2 meses con carácter normal na sede social da empresa.

Capítulo VI

Réxime disciplinario

Artigo 52º.-Faltas e sancións.

Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de interpor sancións de acordo coas normas establecidas no presente capítulo e demais normas de obrigado cumprimento.

Artigo 53º.-Faltas.

Enténdese por falta laboral toda conducta do traballador que, por acción ou omisión, constitúa unha infracción ou incumprimento das disposicións legais, regulamentarias ou convencionais.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, trascendencia e culpabilidade en: leve, grave e moi grave.

Artigo 54º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1ª Ata tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo que, non excedendo de trinta minutos, se cometan nun período de trinta días.

2ª Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das vintecatro horas seguintes de producirse a ausencia, a razón da falta ó traballo, a non ser que o traballador probe a imposibilidade de telo feito.

3ª Non cursar en tempo oportuno os partes de baixa, confirmación ou alta médica correspondentes cando se falte ó traballo por motivos de enfermidade, accidente ou maternidade, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

4ª O abandono do servicio, sen causa xustificada, mesmo que sexa por breve tempo. Se como consecuencia del se xerasen situacións de perigo ou risco grave para as persoas ou as instalacións, ou prexuízo grave á empresa, clientes, provedores ou público en xeral, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

5ª Pequenos descoidos na conservación do material e ferramentas de traballo.

6ª Falta de aseo e limpeza persoal.

7ª Non atende-lo público coa dilixencia e corrección debidas.

8ª Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, nun prazo de trinta días, desde a súa realización.

9ª Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo ou en actos de servicio. Se as discusións versasen sobre asuntos estraños ó traballo ou producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave ou moi grave, segundo os casos.

10ª Faltar ó traballo un día durante un período de 30 días naturais, sen causa que o xustifique.

Artigo 55º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1ª Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días naturais.

2ª Faltar dous días ó traballo durante un período de trinta días naturais sen causa que o xustifique.

3ª Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afecta-la relación laboral. A falta maliciosa destes datos considerarase como falta moi grave.

4ª Entregarse a xogos ou distraccións, calquera que sexa, dentro da xornada de traballo ou en actos de servicio.

5ª Simula-la presencia doutro traballador fechando ou asinando por aquel.

6ª A desobediencia ás ordes de traballo. Cando diso se derivase prexuízo notorio para a empresa ou perigo de avaría, poderá ser considerada como falta moi grave.

7ª A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del.

8ª A imprudencia en actos de servicio. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave.

9ª Realizar traballos particulares durante a xornada sen o oportuno permiso, así como empregar, sen autorización, para fins propios, ferramentas da empresa, incluso cando iso ocorra fóra da xornada de traballo.

10ª A inobservancia das normas sobre prevención e saúde laboral, impostas por normas legais, por procedementos ou métodos de traballo de orde interna, ou por indicación empresarial. Se implicase risco para a vida do traballador ou para algún dos seus compañeiros, esta conducta poderá ser considerada como moi grave.

11ª A simulación de enfermidade ou accidente.

12ª A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun semestre e mediando amoestación verbal ou escrita.

13ª A simulación ou falsidade dos datos necesarios para a concesión, por parte da empresa, de préstamos, anticipos, axudas ou calquera outra prestación.

Artigo 56º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1ª Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo superiores a trinta minutos cada unha, cometidas nun período de seis meses, ou vinte durante un ano.

2ª A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoal, realizada dentro das dependencias da empresa ou durante acto de servicio en calquera lugar.

3ª A realización en situación de baixa por enfermidade ou accidente, de calquera clase de traballo, remunerado ou non remunerado, por conta propia ou allea, contravindo as indicacións médicas. Tamén se comprenderá neste apartado toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

4ª O furto de fluído eléctrico ou complicidade con el.

5ª Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en primeiras materias, utensilios, ferramentas, maquinaria, aparatos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

6ª A embriaguez ou toxicomanía durante o servicio.

7ª. A violación do segredo da correspondencia, sixilo profesional ou de documentos reservados ou confidenciais da empresa.

8ª Revelar datos de reserva obrigada relativos á explotación e negocio da empresa ou relativos ós traballadores.

9ª Dedicarse a actividades que a empresa, no exercicio regular das súas facultades directivas, declarase incompatibles ou prohibidas, ou que implicasen competencia desleal cara a ela.

10ª Os malos tratamentos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración, ós superiores, compañeiros e subordinados, así como ós seus familiares como consecuencia da relación laboral.

11ª Encubrir conductas que poidan ser constitutivas de falta moi grave.

12ª Causar accidentes graves por dolo, neglixencia ou imprudencia inescusable.

13ª Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

14ª Aceptar propinas, regalos ou calquera outra vantaxe que poida constituír suborno.

15ª A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado do traballo.

16ª Orixinar frecuentes e inxustificadas rifas e pendencias cos seus compañeiros de traballo.

17ª As conductas que atenten contra a liberdade sexual e supoñan acoso sexual, tanto verbal como físico.

18ª O abuso de autoridade. Enténdese como tal cando un superior cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e con prexuízo notorio para un inferior.

19ª As derivadas do previsto nas causas cuarta e novena do artigo 55 e nas terceira, sexta, oitava e décima do artigo 56.

20ª A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro do período dun semestre.

Artigo 57º.-Sancións.

As sancións que poderán imporse ós que incorran en falta, serán as seguintes:

a) Por falta leve:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata de dous días.

b) Por falta grave:

-Suspensión de emprego e soldo de tres ata 15 días.

c) Por falta moi grave:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días.

-Traslado forzoso a distinta localidade sen dereito a indemnización ningunha.

-Despedimento con perda total dos seus dereitos na empresa.

Artigo 58º.-Normas e procedementos.

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren. No suposto de que a empresa coide conveniente a incoación de expediente informativo para o esclarecemento dos feitos, os ditos prazos quedarán interrompidos durante a tramitación del.

No suposto de faltas graves e moi graves imputadas a membros de comités de empresa, delegados de persoal, delegados de prevención e delegados sindicais procederase á apertura de expediente contradictorio que será tramitado de acordo co legalmente establecido neste respecto.

A empresa anotará nos expedientes persoais dos seus traballadores as sancións que lles fosen impostas. Estas anotacións quedarán sen efecto, tratándose de faltas leves, se transcorresen seis meses sen incidir en novas sancións. Se se tratase de faltas graves ou moi graves, o prazo anteriormente indicado elevarase a un e dous anos respectivamente.

Toda sanción enténdese imposta sen prexuízo do recurso ante os tribunais de orde do social.

Capítulo VII

Condicións de traballo e saúde laboral

Artigo 59º.-Traballo e saúde laboral.

A atención da empresa á saúde laboral e á prevención de riscos do traballo será prioritaria sobre calquera outro aspecto do desenvolvemento das súas actividades. Esta premisa marcará a actuación de tódalas unidades da empresa e será manifestada expresamente polos máximos responsables nas directrices que impartan para a execución de calquera tipo de traballo, de conformidade co preceptuado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e normas regulamentarias que a desenvolven, mentres estean vixentes, coas seguintes especificidades:

1. Poderán ser designados delegados de prevención empregados que non posúan a calidade de membro do comité de empresa ou delegado sindical.

2. A periodicidade nas reunións dos comités de seguridade e saúde será de 2 meses.

3. Os delegados de prevención disporán dun crédito horario de 18 horas mensuais para o exercicio das funcións derivadas do seu cargo.

4. Nas reparacións que teñan que realizarse baixo calquera tensión, ou coa instalación en descargo, ademais da formación específica e ferramenta que para a realización de tales traballos ten que procurárselles ós traballadores, o número mínimo do equipo de traballo será de dous traballadores. Calquera traballador, logo de comunicación cursada para o efecto ó seu xefe de liña, poderá negarse a realizar un traballo con tensión ou coa instalación en descargo, se non se cumpren os requisitos anteriores.

Capítulo VIII

Acción sindical na empresa

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. recoñece o papel dos sindicatos debidamente implantados na empresa para o adecuado tratamento das relacións cos seus traballadores.

Para tal efecto, os sindicatos posuirán o réxime xurídico que se regula na Lei orgánica de liberdade sindical, coas particularidades que se estipulan no presente convenio colectivo, na medida en que os afectan.

Artigo 60º.-Seccións sindicais.

Os sindicatos que teñan unha participación de polo menos un 10% na totalidade dos membros dos comités de empresa, poderán constituír seccións sindicais conforme se regulan no presente artigo, sempre e cando a súa constitución se axuste ás condicións estipuladas; en caso contrario, a súa regulación axustarase exclusivamente ó previsto na Lei orgánica de liberdade sindical.

Cada sindicato constituirá unha sección sindical a nivel da totalidade da empresa.

Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ós sindicatos, a empresa descontará da nómina mensual de tales traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, o sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de banco ou caixa de aforros á que será transferida a correspondente cantidade. A empresa efectuará as anteditas detraccións, agás indicacións en contrario durante períodos dun ano.

A dirección da empresa entregará copia da transferencia, se a houber, ó delegado sindical ou persoa debidamente apoderada polo sindicato.

Excedencias de traballadores que teñan cargo sindical.

Poderá solicita-la situación de excedencia o traballador en activo que teña cargo sindical de relevancia provincial, a nivel de secretariado do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á empresa se non o solicitase, no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño del. En tales situacións haberá que aterse a canto dispón o artigo 46.4 do Estatuto dos traballadores e o artigo 9 da Lei orgánica de liberdade sindical.

Garantías dos membros dos comités de empresa.

1. Durante o período do exercicio das súas funcións e ano seguinte ó de expiración do seu mandato, agás que a dita expiración se produza por revogación ou demisión, non poderá ser despedido ou sancionado por actuación baseada no exercicio da súa representación ningún membro do comité de empresa. Se o despedimento ou calquera outra situación por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos á parte do interesado, o comité de empresa. Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou en razón do desempeño da súa representación.

3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias da súa representación,

e poderán publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social comunicando todo iso á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

4. Disporán dun crédito de 20 horas mensuais que serán acumulables ós distintos membros do comité, con carácter mensual e comunicación trimestral. A dita comunicación trimestral poderá ser modificada con 8 días de antelación, por causa de enfermidade ou accidente de duración superior a 10 días.

Non se computará, dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre el se produza con motivo da súa designación como compoñente da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa, das diferentes comisións de participación conxunta existentes na empresa e das reunións a que sexan convocados pola empresa ou citados pola autoridade laboral.

5. Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as ditas horas retribuídas para asistir a convocatorias e cursos de formación organizados polos seus sindicatos, comunicándollo previamente á empresa o sindicato correspondente.

6. Tódolos membros de comités de empresa poderán celebrar dúas reunións anuais conxunta ou por seccións sindicais dun día de duración no centro de traballo que soliciten e así se acorde.

A reunión terá que comunicarse previamente á empresa con antelación suficiente.

Os gastos de locomoción e axudas de custo de desprazamento que se deriven destas reunións serán por conta do comité de empresa. Con obxecto de contribuír a sufragar estes gastos, a empresa entregaralle ó comité de empresa a cantidade de 625.000 pesetas en 1997 e 640.625 pesetas en 1998; esta cantidade anual aboarase en dous prazos iguais un no mes de xaneiro e outro no mes de xullo. A base de partida deste fondo para 1999 será de 512.500 pesetas.

Comités de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñéceselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

1. Ser informado pola dirección da empresa:

a) Trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas dela, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego nela.

b) Anualmente, coñecer e ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados, a memoria e cantos documentos se lles dean a coñecer ós socios.

c) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións de cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais, e as reduccións de xornada; sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

d) Na función da materia de que se trata:

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias; estudios de tempo, establecemento de sistemas de primas ou de incentivos e valoración de postos de traballo.

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do estatus xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

-A empresa facilitaralle ó comité o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, ante a autoridade laboral competente.

-Sobre sancións impostas por faltas moi graves e, en especial, en supostos de despedimento.

-No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingresos e cesamentos e os ascensos.

2. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

c) Participar como regulamentariamente se determine na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

d) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da actividade da empresa.

e) Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais, en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

f) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados a) e c) do punto 1º deste apartado, incluso despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

g) O comité velará non só por que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

Capítulo IX

Varios

Artigo 61º.-Fusión e integración.

No suposto de fusión ou integración noutra empresa, os traballadores terán opción a acollérense ás con

dicións máis beneficiosas globalmente consideradas dunha ou outra empresa.

O comité de empresa e as centrais sindicais serán informados do ritmo das negociacións que, para a fusión ou integración con outras empresas, poidan producirse.

Artigo 62º.-Reordenación legal do sistema eléctrico.

Se, durante a vixencia do presente convenio e como consecuencia da nova regulación do sector eléctrico, Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. tivese que segrega-las súas actividades a través da constitución de dúas ou máis entidades distintas, dotadas de personalidade xurídica independente, de forma que tivese que producirse un transvase total ou parcial de recursos humanos da empresa, Barras Eléctricas garántelles, ata o seu vencemento, a tódolos empregados, tódalas cláusulas contidas no convenio colectivo.

Así mesmo, convocarase de forma inmediata a comisión mixta do convenio para analiza-la situación creada.

Artigo 63º.-Normativa aplicable.

Ámbalas partes negociadoras expresamente manifestan que na negociación, procedemento, tramitación e efectos do presente convenio colectivo se aplican as disposicións do Estatuto dos traballadores.

Artigo 64º.-Productividade e absentismo.

Os representantes dos traballadores e da empresa comprométense a pó-los medios necesarios para consegui-lo aumento da productividade na empresa, así como á reducción do absentismo.

O comité de seguridade e saúde analizará as causas que orixinan o absentismo existente na actualidade, e adoptaranse as medidas necesarias para a súa reducción e mellora.

Concederase un día máis de vacacións ó persoal que no respectivo ano anterior non faltase ó traballo máis de sete días, calquera que sexa a causa da ausencia, feita a excepción dos permisos a que teñen dereito os membros do comité de empresa e delegados de prevención.

Artigo 65º.-Vinculación á totalidade.

As estipulacións acordadas no presente convenio serán consideradas global e anualmente como un todo indivisible, de modo que se a autoridade laboral ou a xurisdicción correspondente, no exercicio das súas facultades regulamentarias, modificase, interpretase ou aplicase de forma distinta calquera das súas cláusulas, reconsideraríase o convenio na súa totalidade.

Artigo 66º.-Clasificación profesional.

Mentres que por vía convencional non se acorde un novo sistema de clasificación profesional por medio de categorías ou grupos profesionais, continuará en vigor o réxime de clasificación profesional establecido nos artigos 7 ó 13 da derrogada ordenanza de traballo para as industrias de producción, transformación, transporte e distribución de enerxía eléctrica, do 30 de xullo de 1970.

Artigo 67º.-Seguro de vida.

A comisión mixta de interpretación de convenio estudiará a posible modificación do seguro de vida actualmente vixente.

A comisión presentaralle á dirección da empresa e á representación sindical unhas primeiras conclusións no prazo de 6 meses a partir da súa constitución.

Artigo 68º.-Comisión mixta de convenio.

Mantense a comisión mixta de convenio, como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

As incidencias, dúbidas e reclamacións que puidesen derivarse da aplicación deste convenio serán obrigatoriamente estudiadas, e, se é o caso, resoltas, por esta comisión, como trámite previo obrigatorio á vía administrativa e/ou xurisdiccional.

Esta comisión deberá resolver no prazo máximo de quince días desde a presentación da correspondente reclamación:

1. Mediante estimación ou desestimación total ou parcial da reclamación presentada, que será vinculante para a empresa e traballadores, se a resolución se adopta por unanimidade de tódolos membros da comisión.

2. Acta de desacordo co que a parte reclamante poderá inicia-lo procedemento a través do órgano administrativo e/ou xurisdiccional competente.

A comisión estará constituída por un vocal, Antonio Viñas Arias, suplente Miguel Ángel Veiga Novoa, en representación dos traballadores e Rafael Charro Menéndez, suplente Luis García Santalla, en representación da empresa.

Artigo 69º.-Determinación de partes contratantes.

Na elaboración concertación e asinamento do presente convenio interviñeron:

-Pola representación dos traballadores:

UGT: José Manuel Lombao Ferreiro, Antonio Viñas Arias, Luis López Núñez, José Ramón Soto Martínez, José Manuel Álvarez Álvarez e José Luis Lombao Martínez.

CIG: Miguel Ángel Veiga Novoa e Antonio Polo Calvo.

ACEVI: Vicente García Mallada.

-Pola representación empresarial:

Rogelio Rafael Charro Menéndez, Vicente Cuétara Caso e Luis García Santalla.

Disposición adicional

Constitúese unha comisión paritaria co obxecto de elaborar un novo sistema de clasificación do persoal, que contribúa a racionaliza-las tarefas que se van desenvolver e os custos unitarios dos empregados e posibilitar no futuro a creación de emprego en Barras Eléctricas.

Esta comisión iniciará os seus traballos no prazo máximo dun mes a partir da súa constitución, e deberá

concluílos no prazo máximo de doce meses, agás que, por unanimidade dos compoñentes da comisión, se decida a súa prórroga por tempo certo.

As conclusións ás que chegue a comisión garantirán, en todo caso, que as retribucións totais anuais fixas do persoal de cadro, á data do acordo definitivo, se manterán, con independencia dos novos valores da táboa salarial que, se é o caso, se pacte e, de acordo coa forma que adopte esa garantía.

Esta comisión constituirase no prazo máximo de tres meses a partir do asinamento do convenio, co número de membros e normas de funcionamento que se acorde na comisión mixta.

Disposición derradeira

Quedan subsistentes e en pleno vigor todas aquelas normas e vantaxes sociais que se atopen vixentes no asinamento do presente convenio, a non ser que resultasen ou resulten derrogadas, substituídas ou modificadas por este convenio.

No non pactado nos convenios colectivos, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e nas demais disposicións vixentes.

En Lugo, xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL PARA O ANO 1996

Salario base de cada categoría profesional

Categoría profesionalNivelPesetas

-Persoal técnico
Primeira categoría, Sup. segundo204.954.696
Segunda categoría, nivel A174.623.556
Segunda categoría, nivel B154.333.600
Terceira categoría123.896.456
Cuarta categoría93.507.685
Quinta categoría63.241.321
Quinta categoría, asimilados63.241.321

-Persoal xurídico-sanitario
Primeira categoría, Sup. segundo204.954.696
Segunda categoría, nivel B154.333.600

-Persoal administrativo-subgrupo I
Primeira categoría, Sup. segundo204.954.696
Segunda categoría, nivel A174.623.556
Segunda categoría, nivel B154.333.600
Terceira categoría123.896.456
Cuarta categoría, nivel A93.507.685
Cuarta categoría, nivel B63.241.321
Quinta categoría43.104.536

-Persoal administrativo-subgrupo II
Categoría especial73.298.936
Primeira categoría43.104.536
Segunda categoría33.038.541
Terceira categoría23.009.439

-Persoal operario-subgrupo I
Primeira categoría, nivel A83.442.881
Primeira categoría, nivel B73.298.936
Segunda categoría, nivel A53.169.341
Segunda categoría, nivel B43.104.536
Terceira categoría33.038.541

-Persoal operario-subgrupo II
Segunda categoría23.009.439

-Persoal características especiais
Persoal de limpeza12.895.902

ANEXO II

TÁBOA DE NIVEIS SALARIAIS

NivelSalario 19961/14

12.895.902206.850
23.009.439214.960
33.038.541217.039
43.104.536221.753
53.169.341226.382
63.241.321231.523
73.298.936235.638
83.442.881245.920
93.507.685250.549
103.586.897256.207
113.709.274264.948
123.896.456278.318
133.981.637284.403
144.177.185298.370
154.333.600309.543
164.486.757320.483
174.623.556330.254
184.709.928336.423
194.831.100345.079
204.954.696353.907
215.249.531374.967
225.379.442384.246
235.494.615392.473
245.607.248400.518

ANEXO III

TÁBOA DE VALOR DO PLUS NOCTURNO PARA 1996

CORRESPONDENTE A OITO HORAS DE TRABALLO

NivelPesetas

11.185
21.229
31.239
41.267
51.294
61.322
71.346
81.405
91.431
101.464
111.514
121.589
131.626
141.704
151.768
161.831
171.887
181.922
191.971
202.024
212.141
222.196
232.242
242.291

ANEXO IV

TÁBOA DO VALOR DE HORAS EXTRAORDINARIAS PARA 1996

NivelBase75%100%

1 8711.5251.743
2 9401.6451.880
3 9461.6561.892
4 OP 9911.7351.982
4 AD1.1652.0392.331
5 OP1.0301.8032.060

NivelBase75%100%

5 AD1.1652.0392.331
61.2592.2032.517
71.2842.2482.569
81.3352.3352.669
91.4372.5152.874
101.4792.5882.958
111.5282.6743.057
121.6082.8143.216
131.7533.0673.506
141.8543.2453.708

NivelBase75%100%

152.0353.5614.069
162.1413.7474.282
172.1943.8394.387
182.2453.9284.490
192.2904.0074.580
202.4354.2624.871
212.5814.5175.162
222.6754.6825.351
232.7254.7705.451
242.7934.8885.586

ANEXO V

AXUDAS DE CUSTO POR DESPRAZAMENTO

Convenio colectivo 1996

En localidades onde exista residencia da empresaNas demáis localidades

Día completo

(ó interesado)

Día completo

(á pensión)

Día completoAxuda de custo fraccionadaSó comida

ou cea

AlmorzoXantarCeaCama

-Persoal técnico e administrativo, subgrupo I(1)(2) (1) (2)

1ª e 2ª categorías7.6341.6568.8437.6343432.8642.5444.452 3.8173.461
3ª categoría6.3621.4807.4336.3623202.5442.1203.817 3.1852.544
Resto de persoal5.7291.2906.4865.7293202.4401.9293.185 2.5442.440

(1) En capitais de provincia

(2) Resto

Plus semirruta: 1.006

Complemento axuda de custo por día de desprazamento: 396

Este complemento aboarase por día de desprazamento, sempre que este exceda de 10 días consecutivos e de 100 km de distancia do centro de traballo.

A axuda de custo non se aplicará cando se realicen os catro servicios na mesma localidade.

ANEXO VI

CONVENIO COLECTIVO 1996

Compensación gastos de viaxe

-Asignación por persoa en compensación de gastos de viaxe.

Axuda de custo fraccionada:

Día completo: 2.152 pesetas.

Almorzo: 123 pesetas.

Xantar: 923 pesetas.

Cea: 820 pesetas.

Cama: 1.025 pesetas.

Transporte: importe do billete en clase económica.

-En Madrid-alta especialidade (autorizada).

Axuda de custo fraccionada:

Día completo: 4.612 pesetas.

Almorzo: 179 pesetas.

Xantar: 2.152 pesetas.

Cea: 1.947 pesetas.

Cama: 2.562 pesetas.

Transporte: importe do billete en segunda clase.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL PARA O ANO 1997

Salario base de cada categoría profesional

Categoría profesionalNivelPesetas

-Persoal técnico
Primeira categoría, Sup. segundo205.078.564
Segunda categoría, nivel A174.739.145
Segunda categoría, nivel B154.441.940
Terceira categoría123.993.867
Cuarta categoría93.595.377
Quinta categoría63.322.354
Quinta categoría, asimilados63.322.354

Categoría profesionalNivelPesetas

-Persoal xurídico-sanitario
Primeira categoría, Sup. segundo205.078.564
Segunda categoría, nivel B154.441.940

-Persoal administrativo-subgrupo I
Primeira categoría, Sup. segundo205.078.564
Segunda categoría, nivel A174.739.145
Segunda categoría, nivel B154.441.940
Terceira categoría123.993.867
Cuarta categoría, nivel A93.595.377
Cuarta categoría, nivel B63.322.354
Quinta categoría43.182.150

-Persoal administrativo-subgrupo II
Categoría especial73.381.409
Primeira categoría43.182.150
Segunda categoría33.114.504
Terceira categoría23.084.675

-Persoal operario-subgrupo I
Primeira categoría, nivel A83.528.953
Primeira categoría, nivel B73.381.409
Segunda categoría, nivel A53.248.575
Segunda categoría, nivel B43.182.150
Terceira categoría33.114.504

-Persoal operario-subgrupo II
Segunda categoría23.084.675

-Persoal características especiais
Persoal de limpeza12.968.299

ANEXO II

TÁBOA DE NIVEIS SALARIAIS

NivelSalario 19971/14

12.968.299212.021
23.084.675220.334
33.114.504222.465
43.182.150227.296
53.248.575232.041

NivelSalario 19971/14

63.322.354237.311
73.381.409241.529
83.528.953252.068
93.595.377256.813
103.676.570262.612
113.802.006271.572
123.993.867285.276
134.081.178291.513
144.281.614305.830
154.441.940317.281
164.598.926328.495
174.739.145338.510
184.827.677344.834
194.951.877353.706
205.078.564362.755
215.380.770384.341
225.513.928393.852
235.631.980402.284
245.747.429410.531

ANEXO III

TÁBOA DE VALOR DO PLUS NOCTURNO PARA 1997

CORRESPONDENTE A OITO HORAS DE TRABALLO

NivelPesetas

11.215
21.260
31.270
41.299
51.326
61.355
71.379
81.440
91.467
101.500
111.552
121.628
131.666
141.746
151.812

NivelPesetas

161.876
171.934
181.970
192.020
202.075
212.195
222.250
232.298
242.348

ANEXO IV

TÁBOA DO VALOR DE HORAS EXTRAORDINARIAS PARA 1997

NivelBase75%100%

1 8931.5631.786
2 9631.6861.927
3 9701.6971.939
4 OP1.0161.7782.032
4 AD1.1952.0902.389
5 OP1.0561.8482.112
5 AD1.1952.0902.389
61.2902.2582.580
71.3162.3042.633
81.3682.3942.736
91.4732.5782.946
101.5162.6533.032
111.5662.7413.133
121.6482.8853.297
131.7973.1443.593
141.9013.3263.801
152.0853.6504.171
162.1953.8414.390
172.2483.9354.497
182.3014.0274.602
192.3474.1074.694
202.4964.3684.993
212.6454.6305.291
222.7424.7995.484
232.7944.8895.587
242.8635.0105.726

ANEXO V

AXUDAS DE CUSTO POR DESPRAZAMENTO

Convenio colectivo 1997

En localidades onde exista residencia da empresaNas demáis localidades

Día completo

(ó interesado)

Día completo

(á pensión)

Día completoAxuda de custo fraccionadaSó comida

ou cea

AlmorzoXantarCeaCama

-Persoal técnico e administrativo, subgrupo I(1)(2) (1) (2)

1ª e 2ª categorías7.8251.6989.0647.8253522.9352.6084.563 3.9133.548
3ª categoría6.5211.5177.6196.5213282.6082.1733.913 3.2642.608
Resto de persoal5.8721.3236.6485.8723282.5001.9773.264 2.6082.500

(1) En capitais de provincia

(2) Resto

Plus semirruta: 1.031

Complemento axuda de custo por día de desprazamento: 406

Este complemento aboarase por día de desprazamento, sempre que este exceda de 10 días consecutivos e de 100 km de distancia do centro de traballo.

A axuda de custo non se aplicará cando se realicen os catro servicios na mesma localidade.

ANEXO VI

CONVENIO COLECTIVO 1997

Compensación gastos de viaxe

-Asignación por persoa en compensación de gastos de viaxe.

Axuda de custo fraccionada:

Día completo: 2.225 pesetas.

Almorzo: 127 pesetas.

Xantar: 954 pesetas.

Cea: 848 pesetas.

Cama: 1.060 pesetas.

Transporte: importe do billete en clase económica.

-En Madrid-alta especialidade (autorizada).

Axuda de custo fraccionada:

Día completo: 4.768 pesetas.

Almorzo: 185 pesetas.

Xantar: 2.225 pesetas.

Cea: 2.013 pesetas.

Cama: 2.649 pesetas.

Transporte: importe do billete en segunda clase.

3862