Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración por lotes de diverso vestiario con destino á policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S97/52.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministracións por lotes de diverso vestiario para a policía local.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver epígrafe 1 do cadro de características de cada un dos contratos.

c) División por lotes e número: si.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: será fixado polos licitadores na súa oferta e non poderá, en ningún caso, ser superior a tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, que inclúe IVE.

5. Garantía provisional: epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1.2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e

información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª) Entidade: véxase punto 1.

2ª) Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª) Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de diverso vestiario con destino á policía local.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de maio de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado