Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da subministración de material informático.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 2 de maio de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Desarrollo Informático, S.A. (DINSA), por un importe de seis millóns novecentas mil (6.900.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

3570