Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/168-2-4659 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. unidade número 15 norte (inmobiliaria Irco).

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea realizada con conductor D.H.Z.1 12/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 750 metros. Dous centros de transformación de 630 kVA 20.000/B2 5201C, para suministración de enerxía eléctrica á unidade de actuación número 15 norte (inmobiliaria Irco), na Avda. da Coruña, 289 en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 10 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3669