Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que vai resolve-lo concurso da praza 75/1992, do corpo de catedráticos de universidade, convocada por resolución desta universidade, con data 16 de novembro de 1992.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1994, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que vai-resolve-lo concurso para a provisión da praza 75/1992, de catedráticos de universidade, convocada por resolución desta Universidade de Vigo, con data 16 de novembro de 1992 (BOE do 28) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 5 de maio de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

-Praza de: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Praza número: 75/1992.

Comisión titular:

Presidente: Eliseo Alfonso Barca Lozano, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal secretario: Agustín Dosil Maceira, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Jesús Beltrán Llera, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Pedro Hernández Hernández, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

M. Carmen Triado Tur, catedrática de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Julio Antonio González García, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal secretario: Florencio Vicente Castro, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Vocais:

José Luis Linaza Iglesias, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Adolfo Perinat Maceres, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

M. Josefa Rodrigo López, catedrática de universidade. Universidade da Laguna.

97-3686