Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de rasante do proxecto de urbanización de Pontepedriña (PERI-7) na travesa do Paxonal.

A Comisión de Goberno, en sesión do 21 de abril de 1997, aprobou a corrección de rasante do proxecto de urbanización de Pontepedriña (PERI-7) na travesa do Paxonal. O expediente exponse ó público

na Sección de Planeamento de Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio serviralles como edicto de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente no trámite de información pública do expediente.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

1095