Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O concello en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 26 de marzo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Desestima-la alegación presentada polo portavoz do grupo municipal do BNG, polas motivacións expostas polo arquitecto autor do proxecto.

2º Aprobar definitivamente o Plan Parcial Zona (Z-10) Sector Laracha 1, redactado polo arquitecto superior Luis Couto González.

3º Dar cumplimiento ó disposto no artigo 8.d da Lei 7/1995, do 28 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

4º Notificar esta resolución ós interesados, para os efectos procedentes.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que se estime procedente.

A interposición do recurso deberá comunicarse ó Pleno do Concello, en aplicación do disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Laracha, 31 de marzo de 1997.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

3915