Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de maio de 1997 pola que se autoriza o cambio de situación da batea denominada Luna.

Visto o expediente incoado por José Bermúdez Segade, con DNI nº 33.224.521 no que solicita cambio de situación do viveiro:

Viveiro denominado: Luna.

Cultivo: mexillón.

Situación: Vilagarcía de Arousa A, cuadrícula nº 154.

Data da vixencia da concesión: 14-12-2004.

Tendo en conta os informes do sector e do Servicio de Inspección e Vixilancia Pesqueira, e o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, conforme co artigo 9º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), e considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado e autoriza-lo cambio de situación do viveiro denominado Luna á cuadrícula nº 144 do polígono A de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

3917