Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997 pola que se anuncia a contratación polo sistema de poxa, procedemento aberto, con tramitación de urxencia, da obra de clave 72217030 e dúas máis.

Anuncio.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra anuncia a contratación mediante poxa, procedemento aberto, con tramitación de urxencia, das obras seguintes:

1º) Título: rede de camiños de concentración parcelaria da zona de Monte Callobre-Rubín (A Estrada-Pontevedra).

-Clave: 72217030

-Orzamento: 68.770.420 ptas.

-Prazo de execución: 16 meses.

-Fianzas esixidas:

Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 2.750.817 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

2º) Título: rede de camiños de servicio e obras da zona de concentración parcelaria de Añobre (Vila de Cruces-Pontevedra).

-Clave: 72259042

-Orzamento: 99.610.765 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas:

Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 3.984.431 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3º) Título: rede de camiños de servicio e obras na zona de concentración parcelaria de Abelaíndo-Carballas (Cerdedo-Pontevedra).

-Clave: 72211043

-Orzamento: 109.111.672 ptas.

-Prazo de execución: 22 meses.

-Fianzas esixidas:

Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 4.364.467 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

-Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

-Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo terceiro día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do décimo día hábil que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 12 de maio de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

97-3649