Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita na avenida da Habana, 35-baixo, de Melide (A Coruña).

Visto o expediente instruído por instancia de Carlos Suárez Cayero, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Melide (A Coruña), na rúa Avda. da Habana, 35 baixo, da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo C.I.E. 68, que ten a súa casa central en Bilbao, na r/ Gran Vía, 81.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita en Bilbao, na r/ Gran Vía, 81, da que é titular a entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., a apertura dun novo establecemento na r/ Avda da Habana, 35-baixo, en Melide (A Coruña), que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

3948