Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.833

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 13 de maio de 1997 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 8 de marzo de 1996, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, convocados por Orde do 8 marzo de 1996 (DOG do 19 de marzo), conforme se recolle no anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custo e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

Subdirector Xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario.

* Área: letras.

Tribunal nº 1 (grego, latín, lingua castelá e literatura, francés e lingua e literatura galega).

Presidente: Freire Llamas, Constantino.

Vocais:

Dobarro Posadas, José Antonio.

Portas Fernández, Manuel.

González Teixeira, Mª del Carmen.

Pardo Núñez, M. Teresa.

Tribunal nº 2 (filosofía, xeografía e historia, inglés, música, e educación física).

Presidente: Prol Cid, Constantino.

Vocais:

Acuña Pérez, José Manuel.

Fernández Silva, Mª Concepción.

Patiño Pérez, Esteban.

Paredes Durán, Juana Mª.

* Área: ciencias e tecnoloxía.

Presidente: Miravalles González, Pilar.

Vocais:

Botana Caeiro, Andrés.

Pereira Sayáns, Ricardo.

Bermúdez Naveira, Andrés.

Pedrares Neo, Dolores.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Presidente: Vázquez Álvarez, Ricardo.

Vocais:

González Carriego, Alejandro.

Moro Valeni, Carla.

Barbadillo Marán, Concepción.

Heras Granaglia, Isabel de las.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas.

Presidente: Otero Vázquez, Concepción.

Vocais:

Avalos Irañeta, Ana Isabel.

Vázquez García-Serrano, José.

Vara García, Juan.

Timiraos Ferreiro, Elisa.

97-3687