Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do proxecto e obra de construcción de 5 vivendas unifamiliares en Larouco, Ourense. (Expediente OU-97/020).

Obxecto: proxecto de execución e obra de construcción de 5 vivendas unifamiliares en Larouco. Ourense.

Orzamento: corenta e catro millóns novecentas vinte mil duascentas vintetrés (44.920.223) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2, 4, 6 e 7; categoría c.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: un millón setecentas noventa e seis mil oitocentas dúas (1.796.802) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez e media (10.30) horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

97-3563