Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador M-54/1996 (montes e industrias forestais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción do Regulamento de montes, Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

De conformidade co artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de 15 días durante os que estará de manifesto o expediente para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes perante o instructor do procedemento na delegación provincial desta consellería, sita na cuarta planta do edificio nº 47 da rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Para resolver este expediente é competente, por razón da contía da multa, o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ó expediente, para o que deberá emprega-los impresos de pagamento de multas e sancións que se lle facilitarán na Delegación Provincial de Pontevedra.

Pontevedra, 23 de abril de 1997.

Mario Orjales Pita

Instructor

ANEXO

-Expediente: M-54/96.

Denunciado: Jaime Alonso Alonso.

Último enderezo coñecido: Filgueiras-Chenlo (O Porriño).

Feito denunciado: ocupación de 600 m de terreo no monte Cotiño, pertencente á entidade local menor de Chenlo, concello do Porriño, o día 23-9-1996.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes, Decreto 485, do 22 de febreiro de 1962.

Precepto sancionador: artigo 410 do Regulamento de montes, Decreto 485 do 22 de febreiro de 1962.

Sanción: multa de 20.570 ptas. indemnización, danos e perdas de 20.570 ptas.

97-3561