Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía del Frío Alimentario, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Compañía del Frío Alimentario, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-3-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 18-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de marzo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo entre a empresa Compañía del Frío Alimentario, S.A. (COFRALIM) e os seus traballadores do centro de Vigo

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e persoal.

O presente convenio colectivo regulará a partir da data da súa entrada en vigor as relacións laborais entre a empresa COFRALIM, centro de traballo de Vigo, e o seu cadro de persoal, con excepción do delegado da empresa.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación no centro de traballo de Vigo.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 e terá unha duración de dous anos, que finalizan o 31 de decembro de 1998. O convenio

prorrogarase tacitamente salvo que algunha das partes o denunciase dentro dos tres últimos meses da súa vixencia.

Artigo 4º.-Incremento salarial.

Ano 1997: as retribucións correspondentes ó ano 1997 son as recollidas no anexo I.

Ano 1998: a retribución salarial correspondente ó ano 1998 para todo o persoal na súa retribución fixa será o que se determine no anexo II. Na parte variable aplicaranse as mesmas porcentaxes de comisión que en 1997 e cos mesmos criterios que en 1997, recollidos no anexo I.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e non pode ser aplicado parcialmente.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

O coñecemento dos conflictos derivados da aplicación e interpretación das condicións pactadas no presente convenio realizarase a través da comisión paritaria, que queda constituída e formada polos seguintes membros:

-Representantes da empresa:

Xefe de zona: José Antonio Gutiérrez Figar.

Delegado: Guillermo Araújo Pardo.

-Representantes do persoal:

Mª Carmen Valcárcel Vilas.

José Antonio Álvarez Vázquez.

Artigo 7º

Ámbalas partes asinantes conveñen en dar coñecemento á citada comisión de cantos detalles, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio, para que aquela emita o seu dictame previo á presentación de tales casos ante as xurisdiccións correspondentes.

A comisión reunirase e emitirá o seu dictame nun prazo de 15 días, como máximo, a partir da data en que se poña no seu coñecemento o tema por dirimir.

Organización do traballo

Artigo 8º

A organización técnica e práctica do traballo correspóndelle á dirección da empresa, dentro das normas e orientacións legais vixentes. Sen mingua da autoridade recoñecida á dirección da empresa, o delegado de persoal terá a función de asesoramento, orientación e proposta no referente á organización e racionalización do traballo.

Artigo 9º

A empresa, tendo en conta que o contido fundamental dos postos de traballo de promotores, autovendas e vendedor de ruta se realiza fóra do centro de traballo, é dicir, na rúa, e en virtude do dereito

recoñecido nas disposicións legais de poder adopta-las medidas que coide máis oportunas de vixilancia e control para verifica-lo cumprimento polo traballador das súas obrigas e deberes laborais, aplica o réxime de traballo a tarefa, tanto para efectos da súa realización como para efectos de retribución.

Artigo 10º

A determinación do traballo a tarefa afecta soamente a promotores, autovendas e vendedor de ruta e será efectuada pola empresa fixando para cada categoría profesional a tarefa que terá que realizar nun período determinado de tempo, atendendo ás características e particularidades de cada ruta e tendo en conta, entre outros factores, o número de visitas que se realizarán. En consecuencia, para a realización do traballo a tarefa, a empresa fixará a hora de iniciación da xornada, que finalizará unha vez realizada a misión diaria asignada.

Se o traballador considerase excesiva a tarefa asignada, porao en coñecemento do seu xefe inmediato. Contra a decisión deste poderá recorrer á dirección da empresa, por si mesmo ou a través do delegado de persoal. A dirección resolverá no prazo de dez días. Contra tal resolución poderase recorrer ante o organismo laboral competente (comisión paritaria, etc.) sen prexuízo de continuar cumprindo as instruccións ata que se resolva definitivamente o que proceda.

Para o resto do persoal, é dicir, administrativos e camaristas, dado que o contido fundamental destes postos de traballo se realiza no interior do centro de traballo, a empresa aplica o réxime de traballo de xornada partida ou xornada continuada, tanto para efectos da súa realización como para efectos da retribución.

Definición dos postos de traballo

Artigo 11º

Os contidos dos diferentes postos de traballo consignados no presente convenio son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe realizar cada categoría profesional, e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas se a necesidade do volume da empresa non o require.

Equivalencia: para efectos do disposto no art. 39 do Estatuto dos traballadores, que regula a mobilidade funcional no cadro de persoal, acórdanse as seguintes equivalencias entre os grupos profesionais que se citan:

-Grupo de vendas: as categorías de promotores, autovendas e prevendistas e vendedores de ruta.

-Grupo almacén-cámara: as categorías de camaristas e peóns de almacén.

-Grupo de administración: as categorías correspondentes a todo o persoal administrativo.

Artigo 12º.-Promotor.

É o que presta os seus servicios para realizar actividades de promoción, captación de clientes e pros

pección de vendas e publicidade, sendo responsable dun grupo de persoas e funcións, ocupándose de aplicar e facer aplica-las normas de traballo para consegui-los obxectivos sinalados nos plans xerais da empresa, tanto nos aspectos comerciais como administrativos e mantemento de vehículos e demais medios comerciais, velando polo exacto cumprimento destes e informando en todo momento os seus inmediatos superiores de canto sexa de interese para o desenvolvemento das funcións dos seus subordinados.

Encargarase do adestramento do persoal do seu grupo. Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do indicado anteriormente témo-los traballos de autovendistas, descarga de camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc.

Artigo 13º.-Autovenda.

É o que presta os seus servicios para efectua-la distribución dos productos ós clientes da empresa conducindo o vehículo que se lle asigne, efectuando os traballos de carga e descarga deste, cobro de contado e crédito e liquidación da mercadoría, actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, control dos medios concedidos en poder de clientes, visitando a tódolos clientes de cada ruta, informando diariamente ós seus superiores da súa xestión, coidando do mantemento e conservación do vehículo.

Ademais disto realizarase na zona que se lle sinale a prospección, mantemento e, se procede, apoio á captación de clientes, introducción de novos productos, posta en marcha de clientes, etc.

Por necesidades organizativas, as funcións detalladas no parágrafo anterior poderán ser asignadas a productores distintos. En tal suposto, quedarán encadrados nesta categoría tanto o productor que realice actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, como o que se encarga de efectua-la distribución e conseguinte cobro e liquidación da mercadoría, carga e descarga do camión, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realiza-las funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de descarga dos camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc., limpeza do almacén, conservadoras, etc.

Artigo 14º.-Vendedor de ruta.

É o que presta os seus servicios para efectua-la distribución dos productos ós clientes da empresa conducindo o vehículo que se lle asigne, efectuando os traballos de carga e descarga deste, cobro de contado e crédito e liquidación da mercadoría, actividades de promoción de vendas e publicidade, control dos medios concedidos en poder de clientes, visitando a tódolos clientes de cada ruta, informando diariamente os seus superiores da súa xestión e coidando do mantemento e conservación do vehículo.

Por necesidades organizativas, as funcións detalladas no parágrafo anterior poderán ser asignadas a productores distintos. En tal suposto, quedarán encadrados nesta categoría tanto o productor que realice actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, como o que se encarga de efectua-la distribución e conseguinte cobro e liquidación da mercadoría, carga e descarga do camión, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de descarga dos camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc., limpeza do almacén, conservadoras, etc.

Artigo 15º.-Administrativo.

É o que presta os seus servicios en calidade de administrativo para realizar operacións administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ó labor administrativo.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe de realizar este traballador. Polo tanto, estará disposto a realizar cantos traballos inspirados no principio da boa fe lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto en que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría.

Artigo 16º.-Camarista.

É o que presta os seus servicios en calidade de camarista para:

-Controla-las existencias de producto na cámara.

-Descarga-las subministracións ó depósito e a súa introducción na cámara ou almacén.

-Ter perfectamente ordenados os productos no interior da cámara ou almacén.

-Servir e carga-los pedidos que lle efectúen os promotores, autovendistas, vendedores de ruta ou posibles clientes que se acheguen a comprar ó mesmo depósito.

-A limpeza, orde do almacén e vixilancia das instalacións.

-A limpeza e distribución das conservadoras, illas, quioscos, etc.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe de realizar este traballador. Por tanto, estará disposto a realizar cantos traballos, inspirados no principio a boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Determinación das condicións económicas

Artigo 17º

A empresa aplica o réxime retributivo de traballo a tarefa para promotores, autovendas e vendedores de ruta segundo a táboa do anexo I.

Durante os anos 1997 e 1998 aplicarase o sistema de comisións que se recolle no anexo I.

A empresa reserva para si a capacidade de introducir modificacións no sistema de comisións por razóns de estratexia retributiva, incorporación de novos productos, cambio nos sistemas de vendas, etc.

A retribución do traballo a tarefa comporase de dúas partes:

Unha, en concepto de soldo fixo, correspondente á categoría profesional do traballador afectado; o seu contido recóllese no artigo 12º, 13º e 14º.

E outra, en concepto de comisións, que retribuirán:

a) A forma en que se desenvolve a tarefa.

b) Os desfases de tempo, en cómputo anual, que puidesen resultar na realización da tarefa.

Artigo 18º

O anexo I recolle igualmente a retribución pactada ó resto do persoal, de acordo coa súa categoría profesional.

Artigo 19º

Así mesmo, recóllense no anexo I os diferentes conceptos económicos, como son:

-A compensación por comida, segundo a categoría profesional, sempre que, por razóns de traballo, se produza o desprazamento do persoal afectado, de forma que non poidan comer no domicilio ou lugar habitual.

-A compensación por gardas en domingos e festivos, na forma que se establece.

Xornada laboral

Artigo 20º

A duración da xornada ordinaria de traballo será de 1.797 horas/ano de traballo efectivo, medidas en cómputo anual.

Artigo 21º

Dado o carácter eminentemente estacional da venda de xelados e conxelados, dado que está establecida a xornada anual de 1.797 horas efectivas de traballo, a empresa flexibilizará a xornada laboral atendendo ás necesidades do traballo de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

Artigo 22º

A xornada laboral adaptarase ás necesidades do centro de traballo, seguindo como norma xeral a hora de entrada en campaña ás 8 da mañá e ás 8.30 fóra de campaña.

Para estes efectos fíxase o período de campaña desde o 1 de abril ó 30 de setembro, ambos incluídos, período no cal se traballarán 16 sábados completos que se determinarán no depósito.

A hora de iniciación da xornada poderá non se-la mesma para as diferentes categorías profesionais.

Artigo 23º

Dado que o 80% das vendas de xelado se efectúan no período de campaña, traballarán os 16 sábados determinados no artigo anterior.

Queda exceptuado o persoal administrativo, dado que a índole do seu traballo o permite, de forma que os 16 sábados determinados no artigo 22º acabarán a súa xornada ás 14 horas.

Como compensación, non se traballará ningún sábado do resto do ano. Ademais disto e para favorece-la compensación, para as administrativas engadiranse tres días máis de festa ás vacacións regulamentarias, sempre fóra do período de campaña.

Para o resto do persoal, o suxeito a tarefa e os camaristas, engadiranse os días que sexan precisos para que, incluídos os tres días citados, queden compensadas as medias xornadas de descanso semanal non desfrutadas. Os ditos días engadiranse tamén ás vacacións regulamentarias.

Artigo 24º

As festas laborables, que terán carácter retribuído e non recuperable, son catorce ó ano, de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

A relación concreta das festas neste centro de traballo figura como anexo III a este convenio.

Artigo 25º.-Traballo en domingos e festivos.

En principio non cabe o traballo en domingos e festivos do persoal, coas seguintes excepcións:

Para promotores:

a) Cando por necesidades transitorias estea realizando a función de autovendista ou vendedor de ruta, dándose as circunstancias que obrigan a facer ruta.

b) Cando sexa nomeado responsable da garda, como responsable da apertura do depósito e do seu peche, así como da liquidación da venda e mercadoría.

Para autovendas e vendedor de ruta:

a) Cando, por circunstancias imprevisibles de forza maior ou avarías de máquinas ou vehículos, non puidese ser atendido o traballo imprescindible programado.

b) En distribución o persoal estrictamente necesario para atender servicios especiais limitados, tales como quioscos, feiras e festas locais, espectáculos deportivos e análogos.

O espírito que inspira esta normativa do traballo en domingos e festivos baséase na vontade de reduci-las gardas ó mínimo necesario.

Vacacións

Artigo 26º

O persoal desfrutará dun período anual de descanso de 30 días naturais e serán concedidos fóra do período de campaña, dada a especial intensificación do traballo nesta época.

Varios

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós seus traballadores as seguintes pezas de roupa de traballo, as cales quedarán sempre como propiedade da empresa:

-Autovendas e vendedor de ruta: dúas camisas e dous pantalóns que terán unha duración dun ano; unha cazadora térmica que se renovará cando sexa necesario.

-Camarista: un equipo especial térmico que evite ó organismo os cambios bruscos de temperatura entre a da cámara e a ambiental, que se renovará cando sexa necesario.

-Persoal administrativo: dúas batas a todo aquel que se comprometa a usalas.

Baixas por enfermidade, accidente non laboral

ou accidente de traballo

Artigo 28º

A empresa aboará un complemento equivalente á contía necesaria para que, sumado á prestación correspondente, alcance a totalidade do salario que percibía de promedio mensual durante os últimos doce meses.

O aboamento deste complemento terá unha duración máxima de doce meses e empezarase a devengar unha vez transcorridos dous meses de producida a enfermidade ou o accidente, de tal xeito que o último mes de aboamento sexa o mes 14 a partir da enfermidade ou accidente.

Non obstante, a empresa poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante o recoñecemento a cargo do persoal médico designado pola empresa. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos eco

nómicos que puidesen existir a cargo da empresa polas ditas situacións.

Artigo 29º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de categoría superior.

Artigo 30º.-Garantía do posto de traballo.

Os traballadores que se vexan privados do carné de conducir por un máximo de ata tres meses e este lles sexa necesario para o exercicio da súa profesión habitual na empresa manterán a mesma categoría

e remuneración salarial normal cando a retirada do dito carné de conducir sexa motivada pola infracción do código da circulación que non revista o carácter de imprudencia temeraria por reincidencia. Durante o período de retirada do carné, a empresa poderá destina-lo traballador afectado a outras tarefas que non resulten vexatorias para el.

Artigo 31º.-Faltas, sancións e premios.

Acórdase manter no futuro a mesma tipificación aplicada ata o de agora, é dicir, os artigos 67 a 76, ambos incluídos, da xa derrogada Ordenanza de traballo de comercio do 24 de xullo de 1971.

ANEXO I

Condicións económicas ano 1997

CategoríaImporte

bruto anual

(sen antigüidade)

Salario mensual bruto

(14 mensualidades)

Total

mes

Soldo

base

Plus

actividade

Penosidade

Promotor2.561.370182.95536.641146.314
Autovendista2.141.104152.93630.053122.883
Vendedor de ruta
Administrativo2.191.490156.53524.211132.324
Auxiliar administrativo
Camarista2.367.092169.07828.890118.13522.053
Axudante camarista

1. As 14 mensualidades aboaranse en:

-Doce meses naturais.

-Dúas extraordinarias (xullo e decembro).

2. O devengo das 2 mensualidades extraordinarias será:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de decembro: do 1 de xullo ó 31 de decembro de cada ano, en ámbolos casos.

Plus de penosidade.

Os camaristas percibirán un plus de penosidade do 15% sobre o soldo base e plus de actividade durante cada unha das 14 pagas.

Compensación por comida ano 1997

CategoríaImporte por

comida

Observacións

Promotor1.290
Autovenda e vendedor de ruta1.190

Compensación por gardas en festivos

Para todo o persoal: 10.905 ptas.

Sistema de comisións sobre vendas netas cobradas

CampañaNon campaña
Abril a setembroOutubro a marzo

% Contado% Crédito% Contado% Crédito

Promotores con dous camións

Xelado1,100,802,151,70
Verduras, preco. e peixe1,100,801,100,80
Pastelería1,100,801,100,80
Promotores con tres camións

Xelado0,950,701,801,45
Verduras, preco. e peixe0,950,700,950,70
Pastelería0,950,700,950,70
Autovendas e vendedor de ruta

Xelado2,151,704,003,20
Verduras, preco. e peixe2,502,002,502,00
Pastelería2,502,002,502,00

Sistema de comisións de reparto sobre consumos a prezos tarifa

%

Campaña

%

Non campaña

Abril a

setembro

Outubro a

marzo

Promotores con dous camións

Xelado0,4931,047
Verduras, preco. e peixe0,4931,047
Pastelería0,4931,047
Promotores con tres camións

Xelado0.4310,893
Verduras, preco. e peixe0,4310,893
Pastelería0,4310,893
Autovendas e vendedor de ruta

Xelado1,0471,972
Verduras, preco. e peixe1,0471,972
Pastelería1,0471,972

Observación: este sistema non se verá afectado polos descontos aplicados ós clientes, segundo o seguinte punto.

Notas:

1. Grandes clientes.

Ata o 10% de desconto adxudícaselle-lo 100% da venda a promotores e autovendas e vendedor de ruta.

Do 10 ó 15% de desconto adxudícase:

-65% da venda a promotores, autovendas e vendedores de ruta.

-35% da venda ó depósito.

Do 15 ó 20% de desconto adxudícase:

-50% da venda a promotores, autovendas e vendedores de ruta.

-50% da venda ó depósito.

2. Promotores con catro camións.

A porcentaxe de comisións será a mesma que para o caso do promotor con tres camións.

A cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións determinarase mediante a seguinte operación aritmética:

Suma de vendas dos 4 camións

------------------------- x 3 = cifra de vendas sobre a que se

4aplicará o sistema de comisión.

3. Promotores con cinco camións.

A porcentaxe de comisións será a mesma que para o caso do promotor con 3 camións.

A cifra de vendas a que se aplicará o sistema de comisións determinarase mediante a seguinte operación aritmética:

Suma de vendas dos 5 camións

------------------------- x 3 = cifra de vendas sobre a que se

5aplicará o sistema de comisión.

4. O tipo de comisión está incrementado de forma que mensualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións, percibíndose, por tanto, no dito período unicamente a retribución fixa.

5. Comisións sobre vendas.

A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicarán os diferentes tipos de comisión será a de vendas de contado máis as vendas de crédito cobradas.

6. Comisións sobre reparto.

A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicarán os diferentes tipos de comisión será a do reparto realizado no mes de referencia.

ANEXO II

Condicións económicas ano 1998

CategoríaImporte bruto anual

(sen antigüidade)

Promotor2.561.370+(IPC 1997+0,4%)
Autovendista2.141.104+(IPC 1997+0,4%)

Vendedor de ruta
Administrativo2.191.490+(IPC 1997+0,4%)+20.000
Auxiliar administrativo
Camarista2.367.092+(IPC 1997+0,4%)+20.000
Axudante camarista

1. As 14 mensualidades aboaranse en:

-Doce meses naturais.

-Dúas extraordinarias (xullo e decembro).

2. O devengo das 2 mensualidades extraordinarias será:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de decembro: do 1 de xullo ó 31 de decembro de cada ano en ámbolos casos.

Plus de penosidade.

Os camaristas percibirán un plus de penosidade do 15% sobre o soldo base e plus de actividade durante as 14 mensualidades.

Compensación por comida

CategoríaImporte por

comida

Observacións

Promotor1.290+IPC 1997
Autovenda e vendedor de ruta1.190+IPC 1997

Compensación por gardas en festivos

Para todo o persoal: 10.905 ptas.+IPC 1997+0,40% ptas.

Incentivos 1988

* Administrativas: 234.840 + (IPC 97 + 0,40%).

* Camaristas: 203.220 + (IPC 97+0,40%).

-Sábados de campaña que se traballarán en 1997

Traballaranse 16 sábados.

Comprenderá os dezaseis sábados de maior venda. Fixarase na delegación e distribuiranse entre o persoal de tal maneira que a delegación dea servicio durante o maior número de sábados posibles, dentro do período de campaña estipulado pola empresa entre o 1 de abril e o 30 de setembro.

Calendario de vacacións 1997

NomePeríodo

Álvaro Posada Sánchezdo 1/10 ó 30/10

Enrique Souto Domínguezdo 31/10 ó 29/11

Antonio Álvarez Vázquezdo 28/11 ó 27/12

José E. Escudero Cerviñodo 1/10 ó 30/10

Jorge Juan Collada Pérezdo 31/10 ó 29/11

Casiano Areal Pumardo 29/8 ó 27/9

Mª del Carmen Valcárcel Vilassegundo calendario

xeral

ANEXO III

Festas laborables de carácter retribuído

e non recuperables 1997

1 de xaneiroAno Novo

6 de xaneiroEpifanía do Señor

27 de marzoXoves Santo

28 de marzoVenres Santo

1 de maioFesta do Traballo

17 de maioDía das Letras Galegas

25 de xulloSantiago Apóstolo

15 de agostoAsunción da Virxe

1 de novembroTódolos Santos

6 de decembroDía da Constitución Española

8 de decembroInmaculada Concepción

25 de decembroNatividade do Señor

Festas de carácter local.

31 de marzoReconquista de Vigo

16 de agostoSan Roque

Incentivo de campaña para o persoal

administrativo 1997

Obxectivo do incentivo.

O obxectivo do incentivo é premia-la corrección e a puntualidade na execución dos traballos administrativos e remunera-lo posible exceso de tempo que se puidese derivar da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican:

Características do incentivo.

1. Será do mes de abril ó mes de setembro, ambos incluídos

2. A autorización para o pagamento deberá conter tanto a sinatura do delegado correspondente como da auditoría.

3. Os criterios de valoración para decidi-la procedencia ou non do pagamento serán establecidos proximamente na forma habitual, xunto cos obxectivos quincenais e mensuais.

Importe do incentivo.

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 19.570 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

4. O incentivo está incrementado de forma que quincenalmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións.

Incentivos de campaña para o persoal

de cámara 1997.

Obxectivo do incentivo.

O obxectivo do incentivo é premia-la forma en que realiza o traballo o persoal de cámara e o posible exceso de tempo que se puidese derivar da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican.

Características do incentivo.

1. Será desde o mes de abril ó mes de setembro, ambos incluídos.

2. Será responsabilidade do delegado, sen necesidade de pedir autorización, a decisión sobre se procede ou non o seu aboamento.

3. Os criterios que valorará o delegado serán os seguintes:

a) Existencias:

-Funcionamento das notas de envío segundo normas.

-Funcionamento das follas de carga segundo normas.

-Orde e limpeza da cámara.

b) Delegación:

Orde e limpeza da nave.

c) Conservadoras e quioscos:

-Orde e limpeza.

-Control das entradas e saídas e colaboración na súa colocación.

d) Colaboración co delegado.

Importe do incentivo.

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 16.935 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

4. O incentivo está incrementado de forma que quincenalmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións.

5. O incentivo está calculado incluíndo a parte correspondente ó plus de penosidade.

Calendario laboral horario persoal

administrativo 1997

-Horario do 1 de maio ó 31 de agosto de 1997:

De luns a venres84x8 h 45 m735,00

Sábados16x6 h 96,00

-Horario resto do ano 1997.

De luns a venres138x7 h966,00

SábadosFesta

1.797,00

Nota:

* As horas de entrada e saída no período do 1 de maio ó 31 de agosto serán as seguintes:

8.30 a 13/16 a 20 horas.

* As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes:

8.30 a 13/16 a 19 horas.

Calendario laboral horario persoal camarista 1997.

Horario do 1 de abril ó 30 de setembro de 1997:

De luns a venres125x8 h 40 m1.083,33

Sábados16x8 h 128,00

Horario non campaña:

Do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1997.

De luns a venres96x6 h 15 m587,50

SábadosFesta

1.798,83

Nota:

* Sobran 1,83 horas.

* As horas de entrada e saída no período do 1 de abril ó 30 de setembro serán as seguintes:

8.30 a 13/16 a 20 horas.

* As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes:

8.30 a 13/16 a 19 horas.

Calendario laboral horario persoal promotores,

autovendas e vendedores de ruta 1997

-Horario en campaña do 1 de abril ó 30 de setembro de 1997:

De luns a venres de traballo a tarefa a razón de

8 h 40 m x 125 días1.083,33

Sábados de traballo a tarefa a razón de

8,0 horas x 16 días 128,00

-Horario non campaña:

Do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1997

De luns a venres de traballo a tarefa a razón de

6 horas 15 min. x 94 días587,50

SábadosFesta

1.798,83

Nota:

* Sobran 1,83 horas.

* A hora de entrada no período do 1 de abril ó 30 de setembro será a seguinte:

8 a 13/16 a 20 horas.

* A hora de entrada durante o resto do ano será a seguinte:

8.30 horas a 13/16 a 19 horas.

* A xornada finalizará unha vez realizada a misión diaria.

3717