Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1997 pola que se modifica a do 11 de decembro de 1996, que regula a concesión de axudas a organizacións non gobernamentais (ONGDs) de cooperación ó desenvolvemento, para a execución de actuacións propias destas.

Debido ó notable aumento do número de solicitudes formuladas polas ONGDs con implantación na nosa Comunidade Autónoma, asi como o importe das axudas solicitadas para os proxectos presentados, considérase conveniente proceder a eleva-la contía global destinada a estas axudas, e para tal fin,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 17 da Orde do 11 de decembro de 1996, pola que se regula a concesión de axudas a ONGDs de cooperación ó desenvolvemento para a execución de actuacións propias destas, elevándose a contía global sinalada a sesenta millóns (60.000.000 de ptas.), con cargo á referida partida orzamentaria, 04.13.121.A.490.0.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

3916