Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Lufrada, nos concellos de Ponte-Caldelas e Soutomaior, por parte de Granitos Lufrada, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Granitos

Lufrada, S.L., con domicilio en Xustáns, Ponte-Caldelas, presentou nesta delegación provincial, o 24 de xuño de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Lufrada de 2 cuadrículas mineiras para recursos Sección C), Granito Ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponte-Caldelas e Soutomaior, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2726 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 34' 00''42º 22' 20''

Vértice 28º 33' 20''42º 22' 20''

Vértice 38º 33' 20''42º 22' 00''

Vértice 48º 34' 00''42º 22' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, perante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 2 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3460