Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (322/1996).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 322/1996, que se segue por instancia do Banco Herrero, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Mercedes Mourella Framil, se acordou que teña lugar unha poxa pública, na sala de audiencias deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que se dirán despois, e coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate o vindeiro día vintecatro de setembro de 1997, ás dez da mañá, na sala de audiencias deste xulgado, polo tipo que se fixou para tal efecto na escritura de constitución de hipoteca, que se indica ó final deste edicto.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinalouse para a segunda o vindeiro día vintedous de outubro de 1997, ás dez da mañá, na sala de audiencias deste xulgado para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día vinteseis de novembro de 1997 ás dez da mañá, na sala de audiencias deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Na primeira e segunda poxa non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, bardante o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1590/18/00322/1996, presentando o xustificante de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador os acepta como bastante, sen que se poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do autor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

7. Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar en calidade de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa realización para a mesma hora do seguinte día hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvante a que corresponda co mellor licitador, a cal se reservará en depósito como garantía de cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo de venda.

10. Se o acredor o pedise, ata o mesmo momento da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros licitadores, e sempre pola orde das ofertas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificáraselle ó debedor no domicilio fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, e se é o caso, se resultase negativa a dilixencia de notificación persoal á demandada, serve o presente edicto de notificación.

Bens obxecto da poxa.

Vivenda en construcción, composta de planta baixa e baixo cuberta, que ocupa un soar de cento vinteoito metros cadrados, situada no predio número 420 da zona de concentración parcelaria de Santo Tomás de Ames e Santo Estevo de Covas, concello de Ames. Todo o conxunto forma un só predio de tres áreas e sesenta e catro centiáreas, e linda: norte, Manuel Búa Rodríguez e outro (418); sur, camiño; leste, camiño que o separa de Manuel Mourelle Noya (435); e oeste, camiño que o separa de Concepción Vilares Vázquez (422). Título: declaración de obra nova en construcción, en escritura de data 20 de xullo de 1994, número 4.215, Inscrición no tomo 819, libro 215 de Ames, folio 1, predio 9.779.

Tipo para a poxa; dezasete millóns oitocentas trinta e cinco mil pesetas (17.835.000 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

3833