Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/021 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 95/021, convocada por resolución rectoral con data 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 28 de abril de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioterapia.

Praza nº: 95/021.

-Comisión titular:

Presidente: Teijeiro Vidal, Jorge. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: González Doniz, Mª Luz. Profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Asirón Iribarren, Pedro. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Ponce García, Luis Carlos. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valencia.

Atin Arratibel, María Ángeles. Profesora titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

-Comisión suplente:

Presidente: Bascuas Asta, José Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

Secretario: Fernández Cervantes, Ramón. Profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Rodríguez Rodríguez, Luis P. Catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Sotos Portales, Manuel C. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valencia.

Armenta Peinado, Juan A. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Málaga.

3507