Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de abril de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004672/1997, interposto por Marina Díaz López.

Con data 1 de abril de 1997, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004672/1997, interposto por Marina Díaz López contra acordos do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense de 15 de outubro de 1993, 4 de outubro de 1995 e 3 de outubro de 1996, relativos á clasificación

dos montes O Mato, Riba da Ponte e As Samieiras, sitos en Boado-Porto Alto, concello de Xinzo de Limia.

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Ourense, 14 de abril de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

3474