Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente R.C.I. 18384).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública

a solicitude da empresa Maderas Cajaraville, S.L., con domicilio no lugar de Pontevea, concello de Teo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración grupo d, composta polos seguintes elementos:

-Dous motores de combustión interna, de gasóleo, cunha potencia de 1140 kW cada un.

-Dous xeradores cunha potencia de 1350 kVA tensión de xeración 0,38 kV.

-Un centro de transformación con dous trafos de 1600 kVA de potencia c/u, r de t, 0,38/20 kV.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coa compañía eléctrica distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 25 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3488