Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., sita na rúa Ruanova, 19, de Lugo.

Visto o expediente instruído a instancia de Miguel Sánchez Ruiz, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes El Corte Inglés, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Lugo na r/ Ruanova, 19, da axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo CIC MA nº 59, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Hermosilla, 112.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude xuntou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo dito regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes El Corte Inglés, S.A., sita en Madrid, na r/ Hermosilla, 112, da que é titular a entidade mercantil Viajes El Corte Inglés, S.A., a apertura dun novo establecemento na r/ Ruanova, 19 de Lugo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

3745