Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de subministración polo sistema de procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: instalación de cámaras frigoríficas no porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).

Prazo de entrega: dous (2) meses contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.100.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Teléf. (981) 54 63 04, fax (981) 54 62 90, ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez trinta (10.30) horas do día no que se cumpran cinco días naturais contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

3518