Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.612

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ASEMBLEA xeral.

O Consello de Administración de Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los señores conselleiros xerais a asemblea xeral, que se celebrará no salón de actos da entidade, sito na cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás 11.30 horas do día 7 de xuño de 1997, en primeira convocatoria, ou no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, consonte a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado de Caixa de Aforros de Galicia, todo isto correspondente ó exercicio económico de 1996, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame, aprobación, e se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 1996.

7. Exame e aprobación, se é o caso, de obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 1997.

8. Autorización ó Consello de Administración nos máis amplos termos, para emitir títulos hipotecarios, débeda subordinada, bonos, obrigacións ou calquera outros valores, na contía, termos e condicións que a asemblea determine, deixando sen efecto a auto

rización concedida pola asemblea xeral do 12 de xuño de 1993 para estos mesmos fins na parte non disposta.

9. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

10. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

11. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asamblea, quedará depositada na sede central da caixa e a disposición dos señores conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día.

A Coruña, doce de maio de mil novecentos noventa e sete.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado