O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: moblaxe clínica e aparellos para diversos centros de saúde (SCC.-17/1997).
Lote nº 1: moblaxe clínica.
Lote nº 2: aparellos.
Orzamento: 25.509.100 ptas. IVE incluído.
Lote nº 1: 10.965.100 ptas.
Lote nº 2: 14.544.000 ptas.
Fianza provisional: licitando ós dous lotes: 510.182 ptas.
Lote nº 1: 219.302 ptas.
Lote nº 2: 290.880 ptas.
Fianza definitiva: licitando ós dous lotes: 1.020.364 ptas.
Lote nº 1: 438.604 ptas.
Lote nº 2: 581.760 ptas.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1997.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación:
1. Deseño, calidade, condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.
2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.
3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas
direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas «C» do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 1997.
Antonio Fernández-Campa García Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
3636