Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 1DP/97 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6º h) da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral de Recursos Económicos con data do 30 de xaneiro de 1997, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, r/ Xoan XXIII, nº 27, primeiro andar. Teléfono: (988) 38 55 95. Fax: (988) 38 55 60.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas de material faranse nos lugares de almacenamento que indique a adxudicación (ver anexo I, prego de prescricións técnicas).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: material de incontinencia urinaria (ver anexo I). Orzamento anual: 87.334.885 ptas., IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: os prazos de entrega en cada un dos centros poderán variar entre os 15 e 30 días, en función da capacidade de almacenamento de cada centro e igualmente se lle comunicará ó adxudicatario no seu momento (ver anexo I).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 13 de xuño de 1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 20 de xuño de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 10 horas do día 1 de xullo de 1997 no enderezo que se sinala no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles fosen adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: U.T.E.

11. Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter eco

nómico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas (anexo I).

14. Variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 29 de abril de 1997.

17. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ourense, 3 de abril de 1997.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director provincial de Ourense

3633