Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para a realización do programa de saneamento gandeiro.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para a realización do programa de saneamento gandeiro, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trinta e dous millóns cincocentas mil pesetas (32.500.000 ptas.).

Fianza provisional: seiscentas cincuenta mil pesetas (650.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón trescentas mil pesetas (1.300.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, S/N, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 13 de xuño de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 20 de xuño de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

3656