Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/68-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. a 20 kV, Cerceda-Ribasoutas.

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: variante de L.M.T. aérea a 15/20 kV, nunha lonxitude de 172 m na L.M.T. Cerceda-Ribasoutas, en conductor de aluminio tipo Al-110, nas inmediacións do C.T. Cerceda. Concello de Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-3654