Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/56-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. de 400 kVA, cruzamento de Seaia.

Situación: Malpica de Bergantiños.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 780 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV e de 240 mm de sección, que parte da L.M.T. Vista Alegre-Escorial (expediente 52748) e final no C.T. que se vai construír de 400 kVA tipo interior denominado cruzamento de Seaia. Concello de Malpica de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3348