Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/47-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., D.C.-Meirama-Lesta-Ordes.

Situación: Cerceda-Ordes.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aero-subterráneas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón ou baixo tubo, outras características súas son:

-Tramo en triple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e con conductor LA-110 de 142 m de lonxitude

con orixe na subestación de Meirama e final no apoio número 2 de onde partirá un circuíto denominado Meirama-Salgueira.

-Tramo en dobre circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 de 6.349 m de lonxitude, con orixe no apoio número 2 da anterior liña e final no apoio número 46.

-Tramo en simple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 de 5.655 m de lonxitude con orixe no apoio número 46 da anterior liña e final no apoio número 79.

-Tramo de simple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 de 959 m de lonxitude, con orixe no apoio número 79 da anterior liña e final no C.T. Lesta.

-Tramo en simple circuíto subterráneo baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3(1X150) mm Al, de 179 m de lonxitude, con orixe no apoio número 79 da liña descrita Meirama-Lesta-Ordes e final na arqueta da liña subterránea existente que alimenta o C.T. campo da feira de Ordes. Cerceda e Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos Regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución anula a emitida en data 12-12-1996.

A Coruña, 10 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3350