Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.571

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 5 de marzo de 1997, da Delegación da Coruña, de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se faceren cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

A Coruña, 5 de marzo de 1997.

Carlos Revenga Portela

Xefe da Dependencia de Recadación da Coruña

A.E.A.T.Comunidade Autónoma de GaliciaDelegación: A CoruñaNúm. Emi.: 97.2.1.

Datos do contribuínteConcepto/descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF.Pro.AP.

76299245B

Carballo Ramos, José

Est. Coruña-Carballo, km 2, A Coruña

Sancionexp.: 1990/P1929 Liq.:008961004C11000961500845256.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

36012970F

Domínguez Rodríguez, Lucía

r/ Arenal-Perillo, 2; 3-I, Oleiros

Sancionexp.: 1992/P1122 Liq.: 008961004C110009615008445918.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

Datos do contribuínteConcepto/descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF.Pro.AP.

36012970F

Domínguez Rodríguez, Lucía

r/ Arenal-Perillo, 2; 3-I, Oleiros.

Sancionexp.: 1990/PO419 Liq.: 008961004C11000961500845479.01919-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

36012970F

Domínguez Rodríguez, Lucía

r/ Arenal-Perillo, 2; 3-I, Oleiros.

Sancionexp.: 1994/P1982 Liq.: 008961004C1100096150085086120.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

32326065W

Otero Peña, Francisco

Pg. Elviña II fase ED 11, 2; 5, A Coruña.

Sancionexp.: 1994/XC28 Liq.: 008961004C1100096150086175300.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

B15253339

T.S.N., S.L.

r/ San Vicente, 10; 7-A, A Coruña.

Sancionexp.: 1994/P1954 Liq.: 008961004C110009615008497660.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

815410988

Translince, S.L.

r/ Pe e María de Llano, 7; 8, A Coruña

Sancionexp.: 1994/X2207 Liq.: 008961004C1100096150086153300.00019-9-96

Causa ausencia Notif. ausente

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos da impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación):

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de Administración da AEAT.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluído o recargo de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral presupostaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación.

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substantivación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.