Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.554

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (126/1997).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 126/1997, que promove a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid contra Esther María Fernández Martínez, nos que por resolución desta data se acordou sacar á venda en poxa pública o inmoble que logo se dirá, o remate do cal terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, da forma seguinte:

A primeira poxa o vindeiro día 24 de xuño ás 11 horas da maña, para a que servirá de tipo o que se pactou na escritura da hipoteca, que ascende á suma de 35.400.000 ptas.

A segunda poxa, no caso de que non queden rematados os bens na primeira, o día 23 de xullo ás 12 horas da mañá con rebaixa do 25% do tipo da primeira.

A terceira poxa, se non se remataran en ningunha das anteriores, o vindeiro día 17 de setembro ás 11 horas da mañá con tódalas condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas na primeira e segunda poxa que non cubran o tipo, e poderase face-lo remate en calidade de cederllo a terceiros.

2. Os que queiran tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número de conta 1592/18/126/97 o 20% do tipo expresado, requisito sen o que non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa.

1. Parroquia de Biduído, concello de Ames. Predio número quince. Edificación tipo A con destina a vivenda. Consta de soto de 24 m destinado a garaxe; planta baixa de 114 m destinada a vivenda, e formada por vestíbulo, estar comedor, cociña, tres dormitorios, baño principal, aseo e soportal, situándose baixo cuberto un aproveitamento de 51 m. Está enclavada na parcela número 15 de 540 m. Linda: norte, o predio número 14; sur, rúa número 5; leste, predio número 6 y oeste, rúa número 7. Inscrita no tomo 728, libro 173 de Ames, folio 173, predio 16.481, inscrición 4ª do Rexistro da Propiedade de Negreira.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

El secretario

Rubricado

3387