Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.552

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 25 de abril de 1997 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (A Fonsagrada e dous máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de Rexistros da Propiedade vacantes, en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas opo

sicións, convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 1 de febreiro de 1995 (BOE do 8 de febreiro), e de conformidade cos artigos 284 da Ley hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-los rexistros da propiedade vacantes radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga nomeamento a:

-Andrés Barettino Coloma, aspirante nº 38, para o rexistro da Fonsagrada (Lugo).

-José Ramón Alconchel Saiz-Pardo, aspirante nº 35, para o rexistro de Becerreá (Lugo).

-Pablo Sánchez Lamelas, aspirante nº 37, para o rexistro da Pobra de Trives (Ourense).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3328