Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso público de subministración sucesiva para a adquisición de próteses de traumatoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996, convoca o seguinte concurso público nº 3I/1997, para a adquisición de próteses de traumatoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía.

1. Nome e enderezo do servicio: Hospital do Meixoeiro. Unidade de contratación administrativa. O Meixoeiro, s/n, 36200-Vigo. Tfno.: (986) 81 11 59. Fax: (986) 81 11 39.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: Hospital do Meixoeiro.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar:

* Próteses de oftalmoloxía. Orzamento máximo 11.968.500 ptas.

* Próteses de traumatoloxía. Orzamento máximo 61.480.366 ptas.

* Próteses de cardioloxía. Orzamento máximo 26.705.870 ptas.

Orzamento total: cen millóns cento cincuenta e catro mil setecentas trinta e seis pesetas (100.154.736 ptas).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 9-6-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 16-6-1997.

b) Enderezo ó que se deben dirixir: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 8.30 horas, sala de xuntas da dirección provincial. 27-6-1997.

8. Fianzas e garantías esixidas:

* Provisional 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.

* Definitiva 4% do importe máximo de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 24-4-1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Vigo, 14 de abril de 1997.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo

4351