Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de próteses de traumatoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía (C.P. 31/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e da autorización do director xeral de Recursos Económicos, con data do 2 de abril de 1997, convoca o seguinte concurso público nº 31/1997, para a subministración sucesiva de próteses de traumatoloxía, cardioloxía e oftalmoloxía.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Dirección Xerencia do Hospital Montecelo. Mourente, s/n. 36071. Pontevedra. Teléfono nº (986) 80 00 17, fax nº (986) 80 00 01.

2. a) Modalidade da adxudicación: procedemento aberto.

b) Forma da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: as entregas das próteses faranse no almacén do Hospital Montecelo, en Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar:

Próteses de traumatoloxía. Orzamento máximo 57.464.000 ptas.

Próteses de cardioloxía. Orzamento máximo 21.398.150 ptas.

Próteses de oftalmoloxía. Orzamento máximo 4.197.800 ptas.

Orzamento total: oitenta e tres millóns cincuenta e nove mil, novecentas cincuenta pesetas (83.059.950 ptas.). Imposto valor engadido, incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: o concurso repártese en lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo a demanda do servicio de compras e subministracións, que llo comunicará ó adxudicatario no seu momento.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no departamento de concursos, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, no Hospital Montecelo, Mourente, s/n. 36071 Pontevedra, por teléfono ó número (986) 80 00 17 , ou por fax ó numero (986) 80 00 01.

b) Data límite para efectúa-la solicitude: 9-6-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 16-6-1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 9 horas na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas, rúa A Coruña, 24. 36211 Vigo. 27-6-1997.

8. Fianzas e garantías esixidas.

Provisional: o dous por cento do orzamento de licitación de cada lote ó que licite.

Definitiva: os licitadores adxudicatarios deberán presentar unha fianza do catro por cento do orzamento de licitación de cada lote ó que licite.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos en conta mediante transferencia bancaria, unha vez recibida a subministración e conforme o disposto no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: para a proposta valoraranse no seu conxunto as ofertas presentadas, téndose en conta os criterios estipulados no prego de cláusulas.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicado no punto 1.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 24-4-1997.

16. Anuncios: o importe dos anuncios da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Pontevedra, 24 de marzo de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

3452