De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente nº 15-812/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-812/96.
Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.
Domicilio: Urb. Soto, r/ A nº 185-B A Coruña.
Motivos: deficiente prestación dun servicio.
Data da iniciación: 24-2-1997.
A Coruña, 8 de abril de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo
97-3232