Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da asistencia consistente no control de calidade da obra de adquisición de 30 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, Lugo (expediente LU-96/501).

-Obxecto:

Control de calidade da obra de adquisición de 30 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, Lugo.

-Orzamento:

Dous millóns novecentas vintedúas mil cincocentas vintecinco (2.922.525) pesetas, IVE incluído.

-Prazo de execución:

Vintetrés (23) meses.

-Clasificación:

Grupo I; subgrupo 2; categoría a.

-Garantía provisional:

Dispensada, en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

-Garantía definitiva:

Cento dezaseis mil novecentas unha (116.901) pesetas.

-Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

-Presentación de proposicións:

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

-Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez e media (10.30) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

-Anuncio:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

97-3466